sábado, 7 de febrero de 2009

*R.I.P.*


¿Qué pasa co  tempo que discorre mentres esperamos que pasen as cousas, pois ese é o seu sino, e cando chegan para poder decírmonos que "todo pasa"? ¿Non será o que se denomina "tempo perdido"? ¿ E se o que move o mundo é o azar, os encontros inesperados, os regresos non premeditados...oportunidades que deixamos pasar? E que pasa se non cremos nestas oportunidades, ignorándoas e ó final resulta que eran realmente as vías que marcarían a senda sólida da nosa sinuosa vida. O peor de todo, ó fin, sería o arrepentimento: arrepentirnos do que pudemos ter e deixamos escapar, do que pudemos ser e no que non nos quixemos metamorfosear.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Nom se pode viver nem com medo nem coa vista cara atráis. A cada passo, debuxa umha fenda máis profunda e segura, e sempre pra diante rula!!

Beijinho! ^^

Vanesa Iglesias dijo...

Beijinho a ti meu ben querido esporádico comensal!


Sexa leve!