jueves, 27 de mayo de 2010

*Cabalos Desbocados*

Non existe ningunha brida o suficientemente longa nin forte,
coa que poder atar os meus sentimentos.
Porque todavía non se creou e porque, fronte a eles,
o home non é quen de loitar: non se da.

Coma ás que se despregan, voan cara a ti,
buscándote de forma case desesperada.
E voltan a casa, cansas e baleiras,
pregadas sobre sí mesmas unha e outra vez.

E síntome tan triste por saber de antemán,
que algún día, de novo,
se volverán despregar baténdose sen que a razón poida mediar...

Desexo entón, cada noite, e con tódalas miñas forzas,
que o castigo de Tántalo que me supuxo o terte atopado,
remate xa por fin. Ficando de cansancio. Falecendo de agotamento.

martes, 11 de mayo de 2010

*Canino e Bipolar*

Non me gustan os flashes:
odioos pola sua velocidade;
e cando serven para facer puzzles mentais,
o meu odio de por si fervoroso, acentúase todavía máis.
Non me gustan os enganos:
a sinceridade non debería ser unha opción.
Unha das vías máis sanas, que nos reconforta,
que te enriquece. ...
A veces soño con que algún día as corazas que te envolven,
se caian unha tras outra diante de min,
ata deixarte espido máis aló da pel que só alcanzo ver.

Partidarios dos discursos coherentes
que odiamos o hermético.
Confiar en min non debería ser algo no que pensar,
tan só unha reacción automática.
Non me gusta a xente que se cala
porque non me inspira confianza.

Se un día, na guerra,
aparecese un japo, eu sería dos que alzaría o meu fusil,
sen preguntar: un ser pasional.
Ti pensarías, logo atacarías,
e serán eses segundos de vantaxe os que me leves,
pero tamén os que nos separen.
A hipocresía en sí non é máis que un absurdo
e ocultar, só demostra inseguridad.

domingo, 9 de mayo de 2010

*Volatilidade*

Ser só un máis entre o millar:
un punto ínfimo como unha peza de puzzle que se move
vista dende un plano cenital buscando o seu sitio.
A fraxilidade real da vida da que, ás veces,
non somos conscientes.
Na miña cabeza realidade mestúrase con fantasía
e imaxinación,
e son neses momentos nos que busco a gran conexión:
alzar a man e encontrarte, notar que falamos o mesmo idioma.
É nesa terra de ninguén o único lugar onde me podes encontrar:
onde desexo atoparte.
Uns metros nos que levitar entre o chan e o que haxa arriba,
suspendidos, e abrazarte.
A próxima vez cando te vexa,
penso pechar os ollos e falarche sen ollarte.
Sentir a desnudeza interna dos nosos corpos,
intentar escoitar sen ver como moves os beizos,
cuxa imaxen xamáis lograrei desterrar da miña memoria.
Se cada vez que repouse a miña cabeza no teu sólido peito,
sentas fluir os meus pensamentos e cheguen a ti:
non precisaremos xamáis de pararnos a repasalos erros,
de pararnos a ser conscientes da volatilidade da vida.
Da nosa necesidade mutua, que de tan autónoma,
fai que forxemos camiños separados.
Tamén ela nos observa dende un plano cenital,
dende unha vista de paxaro,
espidos repousar no noso leito e nós,
mentras durmimos, non reparamos na fraxilidade da vida,
no tempo que se escorrega entre a distancia que nos separa.

lunes, 3 de mayo de 2010

*Que me estrelle si soy feliz*


Pero si me dice ven y vámonos, yo contigo al fin del mundo...


Todos os acordes atronadores, o fume retido no meu peito
e na miña cabeza....
Notas que me golpeaban rebotando por todo o corpo.
E evasión e as risas.
O líquido dourado que saltaba dos nosos vasos triunfais
en cada movemento compartido, en cada idea que semella ser susurrada:
era mentira, os decibelios eran moitos e nós gritabamos.

As verdades recoñecidas, as bágoas que logran unir,
os sentimentos tristemente mortos e reavivados
por cancións suicidas por só un segundo.
A calor, a contaminación,...
Un mundo interior no que afloran ideas que na súa maioría non damos coordinado...
As confesións declaradas, os cigarros regalados...
Milleiros de rostros descoñecidos
en cada abrir e pechar de ollos
e os focos que nunca se apagan de todo.
A música como a gran evasión.

Atronan todavía aquí, no meu peito.
Podemos falar.