miércoles, 7 de septiembre de 2011

*[In A Big City,] Nothing Hurts, Nothing Hurts*

Vou arrancando do meu corpo como barro seco
o que queda aquí de ti todavía.
Ata o mínimo recordo que nos liga.
Fago esto entre a compasión, o asco e a pena.
Hai veces nas que me pregunto se sei odiarte.
De súpeto lembro a flaxelación sufrida.
E logro verte.
Como algo do que podo ter réplicas infinitamente mellores.
Unha sensación que te expulsa da miña vida a patadas.

Expulsar. A patadas. Que ironía...

Non sei xa que sensación espertas en min...
E agora, á volta, véxote tan pequeno,
tan ínfimo, tan patético...
que creo que cando volva a voltar,
te desintegrarás pudríndote nun ricón escuro
dun garito que calificarei de antro.
Consumíndote en alcol barato.

E sinto agora unha liberación tan grande no meu peito:
como a inmensidade da auga salada;
como perderse nunha grande cidade;
como o sentimento sublime do romántico.

E o único que desexo agora é rir sonoramente.
Abrazar todos os corpos que o teu veleno enquistado
non me permiteu durante tanto tempo.
Esquecerme de que algún día che permitín degustar o meu tacto.