martes, 20 de abril de 2010

*Parábola del Tonto*

"El amor existe" rezaba un escrito de rotulador barato na porta do baño máis sucio de toda a cidade que visitei rememorando encontros furtivos contigo que nunca se lograran producir. Tentando manter o equilibrio, os ollos pechábanseme e sentín sen sentir unha bágoa escorregar pola meixela. Estaba fría. A min, o escrito sonábame a petición.

Todo o que pensaba que se podía producir
nunca se vai chegar a dar.
Xa non podo esperar nada, nin máis tempo.
As miñas verbas, que eran gritos silenciados
chillando dende aquí, non eran máis que o reflexo
dunha inquietude que pesaba por dentro
e que ti nunca quixeches escoitar.
É tarde xa: todo o tempo pasado non serviu de nada.
Agora, sana, penso que foron anos desperdiciados.
Non era eu a que quería ensinar
pero todo o que puiden facer xa o abandonei, xa pasou...
Cambios, cambios a mellor que parten dunha espera absurda...
E foi tan tonto desexar que se produxesen
a sabendas de que nunca se ían dar...
Só, retomo o camiño sola, xa non preciso de compaña
e é algo que non alcanzas de entender:
que a túa presenza non me fai ben.

A soidade é un estado mental:
algo que nunca desexaches solventar,
sen axudar, nunca...
Non hai espacio para a espera xa: toca recoller
e prometer que o "xamáis" se cumplirá.

sábado, 17 de abril de 2010

*Termópilas*

Non pretendo xustificarme pero tento demostrar que me importa...
Ti pregúntasme que por qué o que escribo non se corresponde cos meus actos...
Cuestiono a miña vontade, o meu autocontrol...
e ata flaquean as forzas intelectuais cando el está diante, por qué negalo...
A miña musa tan magnética como maligna,
o que me move a escribir modestos versos:
é igual que unha muller de cabelo ardoroso nun cadro de Munch.
O odio hai veces en que manifesta máis achegamento que calquera outro sentimento,
pero será tan só o pouco que quede o que xenere indiferencia.
E a indiferencia é o peor sentimento que se pode sentir
cara alguén que noutro tempo fuches quen de amar.
Porque a indiferencia non mostra odio,
nin amor, nin interese, nin motivación...
A indiferencia non mostra nada.
Porque no último encontro non me saían as palabras
e compartir sentimentos, desexos ou proxectos,
é moito máis importante que compartir fluídos.
Esto apágase a pasos axigantados e o tempo foi meu grande aliado
neste longo e decadente proceso.
E de tanto falar do final, xa non doe.
E debía de explicarcho, pola visita ó meu refuxio,
e a todos por fallarvos máis dunha vez.
Pero podo dicir, de forma certeira e segura
coma a de un heroe espartano,
que non vos preocupedes por min.
Espartanos!!: .....

lunes, 12 de abril de 2010

*El Origen del Mundo*

O que nos move, o desexo...
Palidecer...
Vulgar e bonito á vez.
Esquecer o teu rostro baixo dunha luz que apenas ocultaba o seu.
A conciencia, o adeus.
Unha nube intoxicada da que antes ambos fumabamos,
e agora xa non.
Tan rápido e sinxelo, unha pegada de por vida que a un marca
e a outros menos...
A soidade, o frío, o rexeitamento....
E de telón de fondo mensaxes de guerra cinematográfica
que fai que as verdades se agochen: os disparos veñen despois...
Que parte do teu peito che doía dende o lonxe?¿?
Din que cando unha parte do corpo se amputa,
pódese seguir sentindo.
Era así o que tiña que ser: tan cerca, tan lexos...
Irreal e próximo á vez.
Unhas palabras que enchen, que conmoven,
que me incitan a contestar e ó que lle debes sumar escuridad.
O que tocaba xa non che pertencía
e a miña cabeza volvía ser miña.
Un adeus parco, un sorriso velado,
todo de novo experimentado.

miércoles, 7 de abril de 2010

*Marzo*

O teu desembarco na oriunda illa dun fero mar:
ti pensando que estabas solo e eu preguntándome
se non serías capaz de escoitar os latexos do meu enfermo corazón
que brincando no peito, estaba a piques de delatarme.
As bágoas esbarando polo rostro cuberto de
partículas de areas apegadas debido á súor.
As mans tremían igual ca follas de outono:
comezo a relatar...

Unha oda á encarnizada loita interna.
A abundancia de cine bélico últimamente consumido
faime ver que todo os problemas que nos aflixen non son reais.
E botar de menos ser unha persoa que olle o mundo
cos pés sobre da terra, porque eu son incapaz.
Soterrada no meu leito escoito voces de discusións de amor-odio
eternamente repetidas, e plaños.
E non boto de menos a parte escura,
pero boto de menos alguén que quente a miña cama.

Avanzar soa durante tanto tempo,
fai non ser capaz de rememorar cómo son o que chaman "relacións":
o que teñen de malo, o que teñen de bo...

Lembrarte como unha pantasma ó meu carón,
só me debo a facer cousas por min mesma.
E as voces dende lonxe séguenme persiguindo,
facéndome recordar conversas que nunca tiveron sido
e agora noto como me taladran ata sangar,
e deixo de escoitar.
Por ser esta a última copa elevada,
ámbolos dous debemos brindar.