jueves, 29 de enero de 2009

*LET IT BE*


Xa caeu. Despois de moito tempo e non sen pouco sufrimento. Agora logro velo, sobre todo aprecialo. Verte. Non sei se quero facer que o entendas. Non sei se quero converterte na miña obra social na cal nunca te deixarás converter. Pero a min xa non me arratrarás, pois os papeles invertíronse. Agora eu estou ben. Agora nada me cega pero creo que non teño forzas para seguir loitando. Quizais deixarme levar...Proba a lerme.

lunes, 26 de enero de 2009

*Empty*


Gustaríame que me rodeara tan só iso..., sentirme así, sólo baleiro para poder constatar que nada sería capaz de desequilibrarme. Vivir como autómata, sen sentir, nin querer, nin chorar, sen nada que me fora danar. Buscar un mundo paralelo onde poder habitar eu sola, sen ninguén máis; e permanecer alí, sen baixar nunca ata que todo isto ficase.

domingo, 18 de enero de 2009

*Yes, We Are*


Deixo hoxe duas entradas antes de marcharme á city, intentando seguir mantendo unha liña regular... Con novas espectativas, voltarei para a semana voltándome a encerrar, agobiada por cousas que non o merecen impedíndome disfrutar de todo aquelo que sí vale a pena. Prometo traballalo. Prometo seguir ascendedo. Prometo non tropezar. Prometo non estropear nada. Prometo non depender. Prometo aprender a obviarte. Prometo aplicar todo o que xa sabes que teño aprendido. Prometo non pensarte. Prometo aprender a vivir cada minuto. Prométomo todo a min.

*Chester, LM, Camel, Lucky...*


Aínda corrrendo este risco teño que sentir como o fume gris invade o meu xa de por sí, fráxil corpo...Época de tensión, de baixóns...a pesar dos anos semella sempre ser o mesmo. Sendo o único que nos garda, a esperanza depositada en nós mesmos. Sorte camaradas e ánimo, tan só é un mes....Todo pasa.

viernes, 16 de enero de 2009

*Y fue dónde encontré las llaves que perdí"


Parece que as cousas se queren deixar de torcer. Parece que o punto de flotación está quedando máis cerca. Que canto máis me alonxo de tí, máis me acerco e á vez, me fago máis forte. Sento dourado por dentro. Sento formar un grande equipo que sexa capaz de timonear un barco por isa mesma liña de flotación...Elixín os preciosos "Escravos" do gran Miguel Anxo porque igual que están as súas almas, así estaba a miña. Escravos porque son escravos do seu propio corpo que implica sometemento. Escravos que se senten mal, incómodos porque a alma quere fuxir do seu corpo rasgando así, tódalas ataduras e fronteiras que non son máis que a propia carne. Alma que quere fuxir, igual que eles tentan fuxir da absorvente masa marmórea. No seus casos a alma busca a contemplación divina, a verdadeira sabiduría, o amor máis puro, buscan a deus. A miña alma non busca a deus pero xa non está oprimida, xa non ten fronteiras que a coarten, xa non sente dor. Sinto que é xa e por fin, capaz de voar, ela sola, con seguridade e non son eu quen de cortalle as ás; nin son quen nin quero facelo porque loitei moito para poder vela voar así. E segue sendo fermosa...

domingo, 11 de enero de 2009

*Nivel de flotación*


 "En el punto medio está la virtud". Aristóteles.

Vivirás mejor, Licinio, si no te adentras
siempre en alta mar ni, por miedo a las tormentas,
te aproximas demasiado a la costa.

sábado, 10 de enero de 2009

*Érase unha vez...


...unha nena gorda- cuxo doctor lle recomendara non comer máis dese doce porque lle ía facer dano- fronte a gran vidrieira dunha fermosa xeladería*

viernes, 9 de enero de 2009

*(...) me, Won´t You Let Me Know?*


Sería así, quizais se tratase deso e realmente son eu tan intuitiva...Algo que sabemos pero descoñecemos sabelo posto que non aflora. As señais sí que tiñan significado. E non deixa de resultar irónico que sexas ti aquel quen de darme a paz. E non deixa de resultar irónico que sexa agora eu quen de escribir estas verbas. Reparar en como troca todo tan de repente por como esto xira axúdame a pensar que o que se dá, nunca se da en vano se o das sinceramente. Por iso, internamente, nunca me arrepentira de darcho.

miércoles, 7 de enero de 2009

*Press Start...


...once again*

*...es como un ciclo*


AVE FÉNIX.

Soy el último en tu camino
la última primavera y última nieve
la última lucha para no morir.

Y henos aquí más abajo y más arriba que nunca.

De todo hay en nuestra hoguera
piñas de pino y sarmientos
y flores más fuertes que el agua…

Hay barro y rocío…

La llama bajo nuestro pie la llama nos corona.
A nuestros pies insectos pájaros hombres
van a escaparse

Los que vuelan van a posarse.

El cielo está claro, la tierra en sombra
pero el humo sube al cielo
el cielo ha perdido su fuego.

La llama quedó en la tierra.

La llama es el nimbo del corazón
y todas las ramas de la sangre
Canta nuestro mismo aire..

Disipa la niebla de nuestro invierno
hórrida y nocturna se encendió la pena,
floreció la ceniza en gozo y hermosura
volvemos la espalda al ocaso.

Todo es color de aurora.


Por valermos nós máis que todo iso.

Pola fe perdida e pola depositada.

Polo que calamos e non compartimos.


lunes, 5 de enero de 2009

*Satisfaction*


Propósito ano novo...positivismo.


****** Que guapos todos, añorada  década (inglesa).

viernes, 2 de enero de 2009


Teño que asumir que eu che quedaba demasiado grande, que non contabas con iso cando me coñeciches. Teño que asumir que quen fallou fuches ti, asumir que non eras como eu te pensara. Que o altar que che ía construíndo cada día, cada vez máis alto, nunca che corresponderá. Moitas veces un insulto a tempo é máis sano que o rexeitar unha chamada. Sempre pensei que saber querer era innato, cando me deteño a ver a xente decátome de que non: é como estudiar para o cinco...

¿De que se trataba? De sentirte superior:
- "Impoñerse querida, quizais sexa a mellor solución. Sí, eso será o que farei. Polo tanto a partir de agora... -cun golpe seco introduce a man no seu peito e arranca o seu corazón. Mírao e comeza a xogar con el- ...esto será meu. Arrastraraste e non me importará; chorarás ata que os teus ollos doian e a pel se volte fráxil e nin siquera repararei na túa faz; consumirás todo o que é tóxico e non preguntarei como estás ". 
-"¿ E o dano?, ¿e todo o que fun e no que me transformei?.
 -"Non é meu o problema, mírame por favor, agora xa me sinto superior". 

 Teño que admitir que quen tiña que pedir disculpas non era eu, así que dende aquí e humildemente, quedan retiradas. Teño que admitir que dunha forma ou outra, sempre acabo gañando.