Un romántico decimonónico, un flaneur desubicado, un
boudelaire sin albatros, un dandy posmoderno.
Unha alma ferida profundamente que se espide de tal forma
que resulta embarazoso para o oído do receptor.
Sentencias que son como latigazos, arañazos profundos.
Un valiente que redacta un manifesto do desastre real e é
capaz de cantalo;
de contalo a quen o queira escoitar.
Líricas que fan que recoñezas traxedias propias nas alleas
facéndote cuestionar se todos e cada un dos problemas humanos, non serán no fondo
sempre os mesmos.
A soidade, o desamor, a traxedia, o que nunca se conseguirá, o fracaso, a incompresión, a fraxilidade, a morte.
A beleza.