domingo, 8 de marzo de 2009

*sMoKe wItH mE*


Antes de voltar comezar a semana véxome na obriga de deixar algo escrito en forma de adeus, pois tal e como reza o meu ex libris: Qui scribit, bis legit. De novo, sorpresa en forma de festa esta vez, en sábado. Declinarei voltar dar as gracias, tan só sódelos máis grandes. Todo xenial. E a vida, ben tamén. Un golpe que desequilibre, é preciso para que nos demos conta de como debemos voltar retomar as cordas da nosa vida. Ser quen de reconducila. Ser nós aqueles que tezámolos fíos das Parcas. Apreciar a autonomía, é sentirte viva en fin. Quizais esquecer sexa o máis difícil de todo ese proceso. Lin, neste inescrutable universo paralelo que é a rede nai, que para voltar querer, primeiro o corazón débese baleirar. Reflexioneino, logo sentino.

No hay comentarios: