Este é un blog para compartir paranoias, pensamentos, dúbidas que atañen á nosa idade, cousas alegres e tamén tristes. Foi creado nunha etapa complexa (xa sabedes vós cal) para axudarnos mutuamente, todos aportando pensamentos e reflexións. Onde compartir, ademais, música, cine, literatura... En fin, é o blog que vos prometín.
viernes, 6 de enero de 2012
*Qui Non Se Muore Mai*
Eu son a materialización do teu fracaso. Son aquelo ó que culpar, apuntar e cuspir. Eu son os anos que corren e que por ti non pasan. A quen infravalorar, odiar e rexeitar. Son o teu pesadelo á vez que soño húmido frustrado. A táboa impoluta nun día de choiva, o arañazo na porta do teu coche, a chuleta do teu exame, a penosa nota media do teu expediente. Eu son tódolos libros que non liches. A droga que che fai pensar cando a fumas. O cubata de máis, o tropezo nas escaleiras, as bágoas na soidade. Son tódalas túas mentiras e as verdades que sempre ocultaches. Son os amigos que te traicionan, as feridas das túas mans, o espertador tódalas mañás. Son a quen envexar, a quen esquecer e a quen borrar. Eu son o fango que conforma a lagoa na que vas vendo afundir a túa vida cada día.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
que fuerteeeeeeeeeeeeeeeeeee! increible! que tal esta mi niña bonita? a ver si nos vemos cariño! biquiños
Publicar un comentario