viernes, 19 de junio de 2009

*Le Voyage dans la Lune*


Últimamente estou feita unha pusilánime e unha sentimental: todo me conmove  e me fai chorar. Claro que  pode ser dado pola presión dos exames que trato de aguantar estoicamente pero a cal a veces, logra que me derrumbe. Sexa como fose, onte acabei de ler un dos libros máis preciosos que facía tempo non encontraba e o máis bonito foi que dei con el de casualidade na biblioteca, na zona de lectura infantil...En fin, chámase "El invento de Hugo Cabret", e se dades con el por casualidade, recoméndovolo  ferventemente. Non só a historia, senón os debuxos impresionantes que o ilustran conformando diferentes planos cinematográficos, como travellings, por eso segundo vas pasando as follas é como se estivese fronte a gran pantalla. Unha pantalla do primeiro cinema de pantomima, aquel no que o gran George Mélies facía que pudésemos viaxar á lúa ou inchar a súa cabeza como se dun globo se tratase. Fermoso.

No hay comentarios: