viernes, 26 de junio de 2009

*You´ll Never Walk Alone*


Facendo un oco no tempo de estudio, creei a entrada para adicarlla a miña irmá que tal día como hoxe se marcha a Manchester, pobre, cidade industrial onde a haxa, prototipo modelo da I Revolución Industrial, industrias, fábricas e pouco máis...Non tiven o placer de estar aló, pero non a creo tan "cool" como Londres. Sexa como fose, Don´t Worry, sabes que estamos sempre aquí (agora lonxe, eso sí) e que as bágoas que se me escaparon onte, foi pola presión dos exames e tal...xa sabes,... Querémoste moito pequena. Outro verán máis sen ti.

P.S.: Como non tiña unha foto guapa túa decidín poñer unha panorámica da cidade de noite,porque senón sei que me matarías, ademáis é  por eso que din que hai moita festa e tal. Acórdate do inglés!! pero non me traias un "Rooney" eh, que desos xa hai moitos aquí. Bico!!

No hay comentarios: