jueves, 23 de julio de 2009

"Quédate ahí. No te muevas. Ni te menees. Mi felicidad puede que sea rara pero en cuanto sea feliz te haré feliz a ti también, más feliz de lo que...

... jamás soñaste. Cuando me sienta satisfecho , las bondades de la plenitud llegarán a toda la humanidad".


Podería comezar aquí coa definición de "contradicción" extraída directamente do diccionario...pero non o vou facer, todos sabemos xa o que é.
Un "sí" que significa un "non" e un "botarte de menos" que significa "querer terte lonxe": un "abrazo" que non significa nada...
Resulta realmente dificil tentar levar a cabo un camiño que non sexa sinuoso así, unha pauta, un programa de actuación...

¿Sabes o que é vivir cun signo de interrogación inherente a ti?
¿Sabes o que é camiñar cunha cinta escura sobre os teus ollos?
Non ver, significa non entender...Desequilibro...¿que facer?
Para unha persoa estoica resulta a cousa máis dura de levar.
Para unha persoa pasional, ter que esperar é o peor castigo,
e descubrirte masoquista é algo en extremo desagradable.

Unha espiral do máis conflictiva que cada vez que se inicia ten o comezo e a fin cada vez máis preto e o único no que pensa é acabarse para voltar comezar.
E xa non importa o tempo porque todo aquelo que tal espiral conflictiva implica, vai estar sempre presente.

¿Distancia? A distancia é algo absurdo, a distancia non existe, a distancia é unha falacia..non hai metros, non kilómetros, nin voos, países, nin aeroportos...A distancia é o lonxe que ti sentas: alguén que non está pode estar, todo o día se é preciso contigo.

O peor dos castigos no ser humano é a súa capacidade de querer. Aquelo que debería ser unha virtude, algo positivo en tal caso como é ter a capacidade de sentir ou amar, trócase nalgo infernal cando non o podemos dominar. Logra que te autoconsumas que te convertas en pó, que toques fondo, te levantes e te volvas fundir unha e mil veces máis. Ata soñar con arrancarte o peito, ser animal, odiar, autómata quizais...

Tanto tempo xa...aproxímase a unha guerra mundial en termos cronolóxicos, non así en perdas humanas posto que aquí só hai unha, que é sempre a mesma,
a cal, como naquel mito, volve a revivir unha e outra vez para seguir facéndose dano mentres se alonga a contenda. E como bo soldado, xove e inexperto, á cabeza da vangarda nunha guerra de trincheiras sempre remata preguntándose "¿que coño fago aquí?" cando dorme acompañada. Só porque sabe que o inimigo volve vencer, unha e outra vez. Agora ó soldado que loitaba na trincheira faláronlle do que é a "guerra de desgaste". Pensou que se trataba dun termo bélico máis, pero deuse conta de que non, de que esa guerra dana máis que a que remata cun certeiro disparo na cabeza, porque nesa guerra o soldado ten que resistir; resistir nunha guerra que se alonga no tempo, tempo que o soldado descoñece impedíndolle saber cando vai voltar a casa, cando descansará.



1 comentario:

Souso dijo...

http://www.youtube.com/watch?v=7KsnqQE4Ty4&feature=related

(Comeza a partirese do minuto 1:44...)

Beijo ghrande rula!!