Existe unha canción onde o protagonista di que últimamente ve a súa cara no ás, que seguro que algo malo ben detrás... Feito co que me identifico moito últimamente tamén. É como se todo o malo que pudo pasar antes, toda a dor, se estivese transformando a boas novas e felicidade. A regresos inesperados todos tan desexados. O ying-yang. É como se este periodo novo se dese dende o momento iniciado tras o bautizo do seu coche a unha noite de borrachera, como se cada escupitajo expulsado fora enterrando todo aquelo que el me adicara e non me merecera. E verte con outra, á contra do que poida semellar, faime máis forte: era como se ó meu corazón, que unha vez estivo cheo de espiñas das que agora quedan poucas, lle estivesen arrancando as restantes. E véxome nela reflexada e sinto pena pola mesma, e á vez alivio por saber que xa non son eu, libre desa carga da que tanto me costou desfacerme. E poder facer o que máis me gusta, e que me paguen por iso. E a tranquilidade mental. E o a gusto con un mesmo. E a incrible xente que me rodea... E todo o bo que non me creo que me estea a ocorrer e que me fai pensar que sí, algo malo pode vir detrás. Se fose así, sei que non o merecerei: que me tocaba a min ó fin.E, en fin, bo vindeiro ano.
