lunes, 27 de diciembre de 2010

*2o11*

Existe unha canción onde o protagonista di que últimamente ve a súa cara no ás, que seguro que algo malo ben detrás... Feito co que me identifico moito últimamente tamén. É como se todo o malo que pudo pasar antes, toda a dor, se estivese transformando a boas novas e felicidade. A regresos inesperados todos tan desexados. O ying-yang. É como se este periodo novo se dese dende o momento iniciado tras o bautizo do seu coche a unha noite de borrachera, como se cada escupitajo expulsado fora enterrando todo aquelo que el me adicara e non me merecera. E verte con outra, á contra do que poida semellar, faime máis forte: era como se ó meu corazón, que unha vez estivo cheo de espiñas das que agora quedan poucas, lle estivesen arrancando as restantes. E véxome nela reflexada e sinto pena pola mesma, e á vez alivio por saber que xa non son eu, libre desa carga da que tanto me costou desfacerme. E poder facer o que máis me gusta, e que me paguen por iso. E a tranquilidade mental. E o a gusto con un mesmo. E a incrible xente que me rodea... E todo o bo que non me creo que me estea a ocorrer e que me fai pensar que sí, algo malo pode vir detrás. Se fose así, sei que non o merecerei: que me tocaba a min ó fin.

E, en fin, bo vindeiro ano.

4 comentarios:

alvarodrv dijo...

En lugar de rayarte con que algo malo te espera, disfruta de todo lo bueno, corazón! Que conste que yo también tiendo a desconfiar, pero eso tiene que cambiar ;)

Feliz año!

B.H. dijo...

Quérote preciosa, non sei se é que somos doutra pasta, ou se é certo iso de que os galegos temos a melancolía e a saudade coma un xen, coma algo que é propio da nosa personalidade. Mais penso o mesmo que Álvaro: Disfruta o momento, e non penses que algo malo ben detrás, pois pode ser que si ou pode ser que non...as regras están para romperse!

Alégrome moito de que estés ben!

FELIZ ANO PRECIOSA!!!

Alexandra dijo...

Canto me alegro de que o fin, por fin, todo te esté saindo coma te mereces, porque o mereces.
Disfruta desta nova etapa.
un bico forte.
Feliz ano para ti tamén rula.

Vanesa Iglesias dijo...

Preciosos todos!!!!!