martes, 11 de enero de 2011

*Tic-Tac*

Vendo a situación repetida. Como se fose eu a protagonista dunha historia que agora interpreta unha actriz que desconozo pero cuxo filme estou vendo dende a sala de butacas. A miña historia tan dolorosa como patética. E ti segues coa mesma pantomima, con ese circo ficticio dunha vida que che gustaría levar pero sabes, nunca conseguirás. Por iso finxila? Por iso arrastrar contigo présas inocentes que descoñecen a maldade que poboa o teu interior? E hai veces nas que me pregunto cómo será vivir con esa carga ás costas. Ser consciente de que calquera pode falar, en calquera momento: soltar todas as verdades que tratas de ocultar enganando. E podes durmir? Como logras durmir así? Como se durme sabendo como mintes e enganas ás persoas que te queren? E como se durme sabéndote un fracasado para o que o tempo corre máis deprésa incluso que para os demáis? E que clase de persoa é a que non aprende nada do acontecido? Será que a xente non cambia. Que o proceso de maduración tan só se da nos froitos últimamente. O dano, a dor, o peso da culpa, a vergoña, o veleno, a falsidade, o engano, o ying, o yang, o tic e o tac.

No hay comentarios: