sábado, 30 de mayo de 2009

*Androxinia*


Onte, comendo nun kurdo, lin nun artículo do xornal
que o andróxino está de moda.
Eu cortei o pelo, corto, moito, a semana pasada.
É vangarda, sexamos vangarda.
Logo a exposición sobre políticas da diversidade sexual na arte,
no CGAC.
Da que pensar, a sexualidade, a túa vida o que ti eres e como a entendes, 
como vivila?,  e con quen? ou depende o como de segundo con quen?
En fin, respírase na atmosfera, como primavera,
inhalas sen darte conta, como partículas tóxicas que suspendidas no aire,
se introducen nos teus pulmóns sen consentimento previo.
Baby, You can drive my car.

No hay comentarios: