viernes, 22 de mayo de 2009

*La Noche Americana*


*La noche americana* foi a homenaxe de Truffaut ó cine,
e esta entrada é a miña homenaxe ó cine na miña vida 
mediante o título da súa obra (que non o fotograma).
Porque se pasearme por rúas de pedra con ipod indefinidamente acceso,
significa dotar de banda sonora propia a cada día da semana,
¿como non iba o cine que vexo acabar por intoxicarme?
Por iso, ilusa, todavía creo en situacións que se poden dar:
un encontro no ascensor, unha espera no portal da casa, un perdón quizais...
E ¿por que te empeñas en ilusionarme aproximando guións que son falacias, 
nunca escritos en papel?
Rozar coas puntas dos meus dedos todo aquelo que un travelling pode mostrar en pantalla,
só fai que a caída, na maldita vida real, sexa todavía máis dura;
de repente, outra dimensión.
E a min non me gusta, eu prefiro o punto medio,
que algún día lograrei porque cada vez sintoo máis preto,
aquel no cal ti non serás quen de inclinar a balanza hacia ningún extremo.
Será como un happy end nun filme neorrealista.

2 comentarios:

Susana dijo...

Encantame como escribes rula! e por encima con tanta razón en todo o que dis.

Non cambies nunca!!

bikiños!!!

Vanesa Iglesias dijo...

Ei!!! Que sorpresa!! Fíxome moita ilusión! Bico grande Pequena!!