sábado, 16 de mayo de 2009

*Jugar al azar...*


"...nunca saber donde puedes terminar, o empezar..."
Facía tempo que non escoitaba esta canción (aínda que pode que a tocasen no Norte...)
pero o meu novo veciño encargouse de recordarma;
é o que ten vivir en pisos con ventás e paredes de grosor milimétrico.
Gracias de todas formas.
E a partir de aquí puden xa comezar a reflexionar, por non perdela costume...
sobre o complexo que son as relacións humanas e no sinxelas que se poden tornar.
"Dejarse llevar, suena demasiado bien".
Como unha chamada pode desmontar anos de paz:
romper filas, voltar armarse, en posición de vangarda
pero protexendo a retagarda á vez...
desperezar a coraza durmida que xa acumulara pó...
Unha máis que iniciática espiral descendente, 
cunha capacidade dialectal propia que logra atraerte igual que chocolate.
"Valor para marcharse, miedo a llegar"

No hay comentarios: