domingo, 18 de octubre de 2009

*States of Mind*


O máis probable é que o meu impulso literario cando escribo as entradas
se deba á súa vez á literatura que consumo,
como se se tratase de algo recíproco.
E sexa quizais esto quen me fai vivir nun mundo paralelo,
aquel que se alonxa do real debidos ás cousas que non quero ver.
E a única imaxe que alcanzo a visualizar pertence á mitoloxía,
e como tal non é real; ou unha vida que imaxino que se semella demasiado 
á do último filme consultado, nada ten que ver coa miña.
Por iso é lóxico que caia na sobrevaloración dos personaxes que conforman a miña historia,
feito que me conduce irremediablemente á decepción.
E cada gramo que adelgazo me alonxa máis del,
e por cada estalido dos meus pequenos ósos
que eu sola me encargo de morder,
toco máis fortemente a terra.
Un bater contra ela que recorda á caída dun Ícaro de fráxiles ás,
como as miñas.
E cando me alonxe, me marche por ti, 
a pantalla tinguirase de negro por fin, 
xa non haberá máis desayunos sen diamantes,
Dylan deixará de soar,
e asimilarei xa que Loriga só hai un.

1 comentario:

Xian dijo...

Recoméndoche un libro que vin que che falta na listaxe; de Eduardo Galeano, El libro de los abrazos.

Sinceramente, é preciosista,e ás veces algo estátido de máis, por iso non resulta demasiado saboroso para unha única lectura, mellor dosificalo, só cando precises disipar algún coágulo dos sentimentos.

Un saúdo