domingo, 4 de octubre de 2009

*Wonderwall*


Porque preferimos a frivolidade,
¿por qué preferimos a hipocresía?
Por tentar demostrar que cada un  posuía o mellor,
 o que ninguén podía ter porque o tiñamos nós, solos. Era mutuo quizais....
e non era suficiente o que tiñamos de verdade que queriamos darnos máis, de aí a frivolidade.
E todo parecía perfecto mentres se pudría por dentro.
E o que era real fluía de xeito libre, sen ataduras, as noites que nos contaminabamos xuntos;
e materializábase en longas liñas de suor que percorrían os nosos corpos e 
en latidos tan fortes dende o teu peito que todavía hoxe poido escoitar.
E cometimos o erro máis grande pois non era necesaria a hipocresía...
logo todo se converteu en pó que tentaba ser barro
para poder construir algo sólido que caía unha e outra vez.
E sobre ti xa non albergo nada, non sei se eres material xa,
ou quizais algo tan intanxible como maquiavélico.
Unha imaxe borrosa que adopta cánon de sombra e me sobrevoa.
Xa non recordo...

¿Por qué ese baleiro?

No hay comentarios: