domingo, 14 de marzo de 2010

*Reinado Falso*

Unha arcada parte do meu ventre cada vez que te penso,
porque non podía eu imaxinar que existisen comportamentos humanos
tan sumamente malvados;
que non bastan con quebrar as vidas das demáis persoas unha vez,
senón que, tácitamente, esperan a que se volvan compoñer
para cravar de forma limpa e onde máis sangue,
a súa daga óxida de afiado fío.
Non tardaches moito en desvelarme os secretos máis escuros
de tal comportamento: a túa absoluta indiferencia cara a dor allea
daqueles que por ti tanto apostaron a pesares de saber
que ían perder máis do que se podía gañar.
E voltas unha e outra vez a cravar a daga,
e eu penso se algunha vez te paraches a pensar
se á túa forma de ser lle convén atacar, desgastando.
Como maharishi que fala tratando de embaucar...pero,
¿que media de idade te escoita xa?
Cando fixen o esforzo de facelo
só pensaba en cómo disimular o que realmente estaba pensando,
só por non tratar de danar o teu orgullo mentras falabas,
aquel que xa me danara a min mil veces antes, curioso.
Á vez que me cuestionaba se ti mesmo te creías o que decías.

¿Para que se quere ter lingua se tan só escupe veleno?
¿Para que se quere ter corpo se nel non descansa alma?
¿Para que se quere corazón se non alberga sentimentos?
Que grande a oquidade, que desperdicio de materia.


3 comentarios:

Souso dijo...

http://www.youtube.com/watch?v=6OsTUnkqSi4
ooou mamaaaaaaa... ai guana gou sarfiiiin...!!

Vanesa Iglesias dijo...

EI!! Botareille unha ollada cando o meu ordenata se arme de paciencia con esta bendita liña!! En fin...


Pasalo moi ben que pa eso é santa!!!

Souso dijo...

oh! oh! oh!

http://www.youtube.com/watch?v=rzUNQv4LzjE&feature=channel

nom tira moito em rubím..? xD