martes, 2 de marzo de 2010

*Oysho*

Decideu acercarse ó Oysho máis próximo. Camiñaba ergueita e algo nos seus ollos, un brillo quizais , delataban a felicidade que a embargaba. Entrou na tenda sen vacilar e pasouse por toda ela buscando unhas bragas: era o que buscaba e quería mercar; non ía botar unha ollada ás novas coleccións tan só. Entre miles de modelos ela dudaba cada vez máis por cal decantarse: ¿Algodón?¿Raso? ¿Lisas?¿Estampadas? ¿Canto facía xa que non se encontraba con el? Cinco meses, seis e medio quizais. Non lograba imaxinar cal sería as que a el máis lle gustarían. O traballo que lle supuxera tratar de esquecelo veuse abaixo cando recibeu esa chamada que levaba inequívocamente unha petición cargada de clamoroso desexo insertada na mesma. Tras o discurso, interesante eso sí, había algo máis, algo que sabía que residía no seu leito esa noite. Por iso de dirixía directamente á tenda de roupa interior. Consciente de que con eso pisaba o seu orgullo, non podería explicalo, pero sabía que non era capaz de evitalo a pesares de recordarso tódolos días. Pero a súa voz, educada e masculina, lograba eclipsar calquera dos moitos inconvintes que supoñía outro dos encontros con el. Entre tecidos diferentes e prendas realmente sensuais sen caer no mal gusto, ela aledábase como unha rapariga pequena. Ó final optou por unhas realmente fermosas e orixinais, discretas pero con encanto. Manifestaban realmente a súa forma de ser, pouco convencional, e sabía que el o ía recoñercer así. Sí, é certo que quizais nunca as mercaría de non ter quedado ese día, pero realmente desexaba sorprendelo. Chegou a casa , limpou e recolleu a habitación, perfumouna cun ambientador floral, trocou as sábanas (aínda sendo do día anterior), e coidadosamente colocou con decoro os seus libros. Tratábase dos últimos que estaba lendo, tres á vez. As portadas quedaban visibles.Támen artículos quedaban á vista, incluso unha fermosa falda nova colgaba estudiadamente do respaldo dunha silla que soportaba un cestiño que albergaba as preciosas pulseras de fieltro que ela mesma realizaba. Auga, pañuelos, chocolate e un aceite de cor dourada, unha pequena toalla de man. A manta, anidada con detalle ós pés da cama vestida con con grosas teas que semellaban, estivese desfeita (como se ela se acabara de levantar), algo que lle imprimía certa sensualidade detallamente lograda. Duchouse, empapouse coa cara leite hidratante que ulía igual que o perfume que levaba e púxoses as súas bragas novas. Non se atreveu a mirarse ó espello; non desexa que lle respondese cunha imaxe que non lle gustase e tivera que poñer outras vellas.

Soa o timbre (tres cuartos de hora despois do acordado). Irrumpe como unha tromba que cae de repente, forte, nunha maña xa de por sí, gris. Séntese fortemente agarrada por el. Os intercambios verbais son case inexistentes a pesares de tanto tempo. Ela nota que el non desexa comentarlle os libros que está a ler, nin de qué falan os artículos. Probablemente pensaría que a cama estaba realmente desfeita; ó mellor pensa que ela se acaba de levantar de verdade e que o seu corpo ule tan ben debido á ducha matinal. Co pé, descoidadamente, tira a botella de auga e con ela desfai a perfecta fileira recta que formaba xunto co chocolate e a botella de aceite dourado.
A vista del nin siquera repara no cestiño que alberga as pulseras: a chaqueta que tira sobre el impídelle velas. Cando a roupa comeza a desaparecer, as bragas son unha das prendas que antes alcanza o voo. Outras prioridades impedídenlle a el poder comprobar o tacto das mesmas.

Onte ela despúxose a recoller o cuarto, cambiar as sábanas de grosos tecidos e debaixo da cama encontrou as bragas que fora mercar a Oysho. Triste, colleunas e refuxiadas entre ambálas súas mans, comprobou cómo o pequeno e fermoso laciño de tercipelo que as presidía, estaba tirado, roto, lonxe delas. Como soldado de xoguete que perdeu o fusil e é esquecido polo neno no parque unha das longas tardes de estío.

3 comentarios:

Alexandra dijo...

OOHHHHH!!!! POBRES BRAGUIÑAS.
ALEX

Vanesa Iglesias dijo...

Degraciada! Que andas a facer?¿?¿ A facultad tampouco é tan grande e eu a ti non te vexo....
Xoves, xoves xoves!!!

Alexandra dijo...

jajajaj, tia hoxe preguntei por ti, ehh!! que non me olvido das amijas, jajaja, mañá vémonos fixo, se non é na facultade no documental, que eu tamén quero beatles.

un biko jrande