domingo, 26 de septiembre de 2010

Edward Hopper. "Night Shadows". 1921.

Sabes o que pasa? Que estou cansada de loitar. Que non me quedan forzas para escribir apenas… Porque, xa por fin, cando me vexo reflexada, me gusta o reflectido, e non preciso de nada máis. Ocorre que me cansei de querer querer. Que agora te esvaneces en recordos nubosos na miña mente que te intercambia con vivencias fermosas, agradables, felices… a veces tentadas por outras escuras poboadas de bágoas. Ocorre que te sinto lonxe; que te vexo alonxarte dende a fronteira mentras as miñas pernas xa non obedecen cando lles mando seguirte. Mentras, obsérvote sentindo como o corazón se quebra no peito. Doe. Son as mesmas pernas que se abrían para acollerte dentro, logrando crear as sensacións máis fermosas que nunca experimentara, mentras o teu tacto e olor impregnaban o resto dos meus sentidos. E todo o enchiamos de calor. A habitación. As habitacións diferentes que poboabamos onde se mesturaban nubes de fume de tabaco con suor. Nubes que voaban sempre cara arriba formando debuxos que só nós descifrabamos. Pero despois o olor de tabaco e de suor compartido, comezou a mesturarse co do alcol. Eu comecei a ter frío no leito. As miñas pernas comezaron a pecharse, xuntas como ás pregadas. Hai veces en que escoito a túa chamada nas madrugadas. A túa voz que recoñecería pasados mil anos. Reflexións claras, transparentes, que me incitan a pensar que algunha vez nos voltaremos reencontrar. Descoñezo onde. Que poderemos falar. Que a desnudeza físíca de ambos, será tamén interna. Sei que estou de paso, que as miñas pernas se cansaron de correr, que non poden seguirte. Vexo como a miña metade se apaga. Cómo, cada vez que volves insertar a moeda, a boneca do carrusel sorrí con menos forza. Cómo as viaxes cíclicas de ascenso e descenso sobre do fermoso cabalo de madeira, son máis curtas. As luces de feira apáganse pouco a pouco, por fases. Só quedan accesas as verdes que pronto que ficarán, porque as negras non se contan.

4 comentarios:

Beatriz Haz dijo...

IN CRE I BLE
IN CRE I BLE
IN CRE I BLE

Pero triste...

Qué bien escribes capulla!

Cómo entiendo cada una de tus hermosas palabras, me encanta como escribes, pero preferiría que fuese ficción en vez de tanto dolor.

Quérote moito preciosa!

Eres unha verdadeira princesa, unha magnífica e sensacional escritora princesa!

BICOS!

Vanesa Iglesias dijo...

Ola Preciosa!!! Moitas gracias, pero non te preocupes, dolor...apenas. Por certo que vin a túa entrada do MACUF o outro día, non sei como estaría a exposición pero as fotos que colgaches eran xeniais.

Bico grande, princesa!!

Sariá dijo...

*Quizais se esté a invertir o proceso...quizais (e é un quizais salpicado de ignorancia)...a imaxe de ti mesma estaba invertida, dada a volta de cara á parede contra a que él tropeza e tropeza..

Quen sabe...ao mellor o problema resultou ser ese carrusel..ese afán por xirar en torno ao mesmo eixo vital..en torno a un proxecto que deixou de ser común...arredor desas habitacións que te (des)protexían de descubrirte nas túas posibilidades.

É a hora do Tio VIVO, do descenso por lugares inesquecibles, vivencias que subirán máis alá das tuas expectativas. Xa verás, a habitación abrirá as portas aos teus sorrisos, sacudirá o sabor a baleiro que empañaba ese reflexo do que falas.

Como di Drexler, "todo se transforma", e eu estou segura de que esas luces que se apagan non farán máis que prender outras das que TI tes o interruptor.

Vales un quintal Vane*

Alexandra dijo...

Non podes permitir que unha persoa corte, limite, reduza, esgote as túas ganas de escribir.
Vane eres forte e xa o demostraches, sabes perfectamente que él é o débil, xq sempre volve a ti, non ti a él.

un besiño grande