sábado, 9 de octubre de 2010

*I Just Believe in Me*

Acabo de rematar un libro que é unha delicia. Unha xoia nos modos de literatura contemporánea. Pode que influise algo que o seu autor sexa profesor de redacción literaria; o que sí influe é que se trate dun irlandés afincado en Nova York. Numerosos relatos de xente descoñecida entre si, vanse engarzando, uníndose entre eles por unha grosa corda que igual une as dúas Torres Xemelgas do World Trade Centre pola cal se pasea un funambulista unha mañá. El, o funambulista, é o denominador común das máis ou menos extensas historias, moitas tristes pero na súa maioría cun fío esperanzador...pois como se cita no propio título o "mundo segue xirando". Segue xirando e non se para por ninguén. Penso que o noso ben máis valioso é o tempo: que pasa, que transcorre curándoo todo. Que che permite ver as cousas con esa claridade que a inmediateza non che permite. Que che deixa medrar e coñecer vivencias e persoas boas, porque sí, hainas. E que non pretendan enganarnos, porque son as menos pero sí existen. Por iso sucesos tristes, actuacións vergoñentas de persoas nas que confiabas vante minando,... sen embargo, nun alegato positivo digo que sí, que sí hai xente que quere querer. Sí que hai xente noble, sí que hai xente coa que falar non me produce arcadas, sí hai xente que me enriquece coñecer, sí hai xente que todavía cre na xente... E, por suposto, sempre estaremos nós mesmos. Di Lennon en "God": "I just believe in me". Despois disto penso que sobran verbas...
E entroncando coa cita, non vexo mellor final para a entrada que aproveitar para felicitalo polo seu cumpreanos. Espero, lea esto na parte do lugar a onde van os que non están adicada ós grandes xenios; aqueles cuxa pasada por este mundo pesará sempre máis que calquera guerra, que calquera relixión.

No hay comentarios: