miércoles, 24 de noviembre de 2010

*Destroy to Create*

Ben, creo que non me pasa a min solamente pero non deixa de ser curioso. Persoas que entran na túa vida e co paso do tempo non significan absolutamente nada: quero dicir que non provocan en tí ningunha reacción interna ou emoción, nin boa nin mala. Como un xersei que usaches moito pero co paso do tempo desaparece e non o botas de menos do teu armario. Como cando te ves con el posto nunha foto e nin o recoñeces, como se fose de outra persoa, emprestado. Pois eso mesmo me ocorreu esta semana, cando despois de ollear unha serie de fotografías, me din conta que eu, nelas acompañada, non me recoñecía. Non sabía que facía alí, nin con esa persoa. Como se iso non tivese pasado, como se nunca sucedese. Pouco despois, con sentimento de entre pena e alivio, decidín trituralas na miña papeleira de reciclaxe sen acabar siquera de velas todas. Non se pode vivir nos recordos, nin dos recordos. Como reza o título dun dos máis fermosos libros lidos últimamente: "que o vasto mundo siga xirando". Porque ten que ser así, todo pasa e o mundo que xira non te espera. Penso que a vida non é máis que unha aprendizaxe que vives medio a cegas, dando vandazos ata atopar o teu propio sitio e lugar, algo que non se dá en todos ó mesmo tempo. O mellor dela é poder ter o tempo para poder ir errando, porque mentras erras e aprendes estás vivo. E de volver facer outra referencia a unha cita, non podo evitar lembrarme da de Lennon: aquelo sobre que a vida é o que pasa mentras fas plans. Unhas fotos que tiras, ó igual que un xersei que xa non te identifica ou un lema que xa non te define, non son máis que portas que vas pechando para poder ir abrindo outras.
Eu creoo así.

2 comentarios:

Alexandra dijo...

É o bo do ser humano mija, que é o único coa capacidade de escarmentar e aprender dos erros cometidos no pasado é como tal ter a suficiente capacidade para non deixar que volva pasar.
Coma ti ben dis a vida e un constante medio de aprendizaxe que nos axuda a madurar,e ver a vida de diferente forma unha vez imos avanzando no tempo.
Eu tamén penso coma ti.

alvarodrv dijo...

Además, no es bueno tener demasiado fondo de armario (de ropa y de recuerdos), que ocupa mucho espacio que podría llenarse con cosas más importantes.
Un biko!