domingo, 21 de noviembre de 2010

*Skin & Bones*

Creo que xa o expuxen varias veces, refírome á miña debilidade polo minimal, pola austeridade. Hoxe volvín ver un vídeo extraordinario sen pretendelo, nunha canle de televisión na que non o esperaba, polo que me sorprendeu todavía máis. "Yellow", o primeiro single de Parachutes de Coldplay. Disco, por certo, imprescindible; carente todavía da contaminación dos grandes selos e dos millóns de libras. Algo aplicable ó vídeo onde a simplicidade logra alcanzar algo tan puro que só se pode conseguir mediante a carencia desa contaminación. Porque o vídeo presenta unha forza tan grande (acentuada polas guitarras) que te golpea ata facer que se che salten as bágoas. E isto aderezado coas fermosas palabras que Martin adica á cámara e que resultan tan reais, tan vívidas e sinceras, que é todavía hoxe o día que logran conmoverme. É unha potencia conseguida tan só mediante o cantante, que empapado en choiva sen modelos caros nin maquillaxe, camiña mentras a cámara avanza diante del e observamos, ó longo do plano secuencia, como vai amencendo.

Persoalmente, os recordos tan gratos que me suxire e o placer de escoitar cousas tan preciosistas fan que volvas desexar crer nos sentimentos; fai que o convirta nun clip de referencia. A naturalidade coa que se limpa a choiva dos ollos...

Letra+música+ voz+ posta en escena+ vídeo+ pureza+intérprete= sublime.

1 comentario:

Unknown dijo...

Ey que tal xe vai? A ver si te conectas algo por msn ou asi.Eu ando de examenes de dic o sea que este finde toca quedar aqui outra vez. Venga falamos abur!