miércoles, 3 de noviembre de 2010

*Comezo da fin*

O inverno chega case sen decatarnos, paseniño, mentras ti vas incorporando roupa de grosas teas sobre do teu corpo de xeito inconsciente.
E os días de verán quedan lonxe xa: a praia, a calor sobre da pel, a camiseta ó saír e nada máis...
E o frío que nos arroupa empúxanos ós poucos cara a recta final do ano e con el os novos propósitos, as renovadas esperanzas, as forzas e impulsos por facer as cousas ben esta vez...
E sendo conscientes de que realmente é algo ficticio, que realmente non hai diferencias entre o día trinta e un o día un (excepto unha noite longa de festa bañada por máis alcol do habitual); conscientes de que o cambio de ano non é máis que algo prediseñado polo xénero humano: eu, pola miña parte, non podo evitar desexar crer nas novas. En proxectos, en ideais, en sorte, en achazgos e en esquecementos. Sí, é certo que as ansias renovadas coma quen inicia unha carreira de fondo pode que duren menos dun mes. Que a comezos de febreiros te decates de que a túa vida segue sendo igual, ou de que todavía falta bastante para que cambie. Sen embargo, dende aquí, desexo prantar, esperando que brote, o meu grao de esperanza. De tomar ese un como un comezo real, como un principio,... E desexo tamén comezalo coa maquillaxe corrida e sucia por bágoas derramadas debido ás risas, ás apertas fortes e sinceras dadas á xente que quero e non debido a bágoas ácedas nin de dor. Daquela, espero brindar con todos vós.

3 comentarios:

alvarodrv dijo...

Que sepas que eres la culpable de que no esté haciendo las cosas de clase que tengo acumuladas a mi lado... :) Después de varios posts un poco tristes (pero maravillosamente escritos), me alegro de ver optimismo en este último, y espero que sea un reflejo de ti misma. Guapa!

Alexandra dijo...

brindaremos pois :D

Vanesa Iglesias dijo...

Ola Älvaro! Que riquiño! Eu sempre leo os teu tamén, o que pasa é que eu non estou moi ocupada, polo menos de momento... xD! SEmpre é un pracer que comentes. Precioso! Bico grande!

E a miña rula... Oxalá nos vexamos pronto para poder brindar de verdade!