viernes, 10 de junio de 2011

*Paint It Black*

Paint it, paint it, paint it...Lémbraste? O local estaba tan anegado en fume como os nosos pulmóns, como as nosas bocas cando o expulsabamos... Contaminados riamos sen saber por que mentras a canción soaba como unha letanía que incitaba a revolvernos por dentro co sorriso conxeado. Trataba de fixar en ti a miña mirada mentras o compás da canción batía forte no meu peito. Eu sentiao porque tiña a cabeza apoiada na parte da parede forrada de madeira. Ás veces escurriase, supoño que buscando o teu ombro. Paint it, paint it, paint it... Seguro que estaba desexando bicarte, que nos estabamos atopando en universos paralelos cos sorrisos conxeados. E cando deixaba de mirar para ti só alcanzaba a ver unha nube de fume, como atmosfera, tinguida da luz amarela das lámparas cónicas sobre das mesas de mármore branco. E eu estaba tan feliz, e nós sentiamonos tan ben. E é tan só unha fracción de segundo no meu recordo: o estribillo, nós e a luz amarela e o fume. E non logro lembrarme do teu rostro: só recordo que ti estabas, ti estabas. Black.

No hay comentarios: