martes, 21 de junio de 2011

*Hay Días en los Que Dices Sexo y te Acuerdas de..."

Lin este pasado domingo un artigo boísimo de Juan José Millás que comezaba con esta oración repetíndose cada vez que expoñía unha nova idea. Todas versaban sobre qué pensamos cando dicimos "sexo". Unha delas dicía que pensamos en mantis procreando e sendo a femia penetrada, devora a cabeza do macho que segue eyaculando. Afirma o autor que ese é o sexo como Dios manda: cando perdiches a cabeza, como "si cabeza y cópula fueran incompatibles". E estou de acordo porque se da o caso de que o sexo que a min me fai perder a cabeza é aquel que sólo podo practicar cando perdo a cabeza. Porque hoxe, encontros sobrios quedan coxos, son fráxiles... alónxanme dese "sexo sin cabeza". Sego constatando o seu dominio sobre min aínda sabendo ambos que non é máis que un artificio. Resta no meu subconsciente o medo que tiña de facer algo mal, de dicir algo mal e facer que se fora ou que dixera que se acabara. Todavía agora. Adopto un rol de inferioridade que nin me corresponde nin me define aínda tendo toda a materia aprobada e verificada: o narcisismo, o egoísmo, a involución,... Actitudes que me expulsan a patadas e me fan cuestionar se cando nos encontramos adopta el o papel da mantis que devora a miña cabeza. Ou débese máis ben ó darwinismo?A un puro papel primario case animal? Son tan fortes os instintos que logran enterrar a razón? E non é esto senón o que denominamos como "perder a cabeza"?

Hai días nos que digo sexo e borro o seu número de teléfono.

No hay comentarios: