lunes, 6 de junio de 2011

*Digamos Que La Palabra No Es Un Medio Para Ser Feliz*

"O bonito era eso dicías,....". Bonito. Largarse.
Polo menos agora xa sei que sí les os correos,
os mesmos que aseguro, non volverei escribir.
Supoño que porque ten que ser así,
e todo o que che deba escribir mandareino aquí
e volverá a min como retroalimentación.
Recoñezo estar asumindo que xa asumín que esto tocou fin.
Que xa non me importa que te quedes, que me odies,
que me ignores, verte con outra
ou que te vistas cando todavía estou desnuda.
Recoñezo que me doe recoñecer
que recurro ó físico intentando manter
eso que nos mantén dalgunha forma unidos todavía.
Que podería irme con outro pero que como masoquista
acabo índome contigo, facendo como se nunca pasara nada.
Como se te acabara de coñecer- que a veces é o que sinto e que
ti te encargas de recordarme alertándome de que
nunca me permitirás que o faga-.
Quizais porque ti tampouco quixeches nunca coñecerme a min,
e dame que hoxe todavía menos.
Pero aceptoo, igual que aceptei que odiaría desexar cambiarte,
que me doe pensar que algún día o intentei enganándome así
de que por fin me entenderías,
de que falariamos unha mesma lingua.
Igual que aceptei que se temos un sino compartido
é o de alonxarnos e supoño que
por iso volvín caer,
porque sei que son poucas xa as oportunidades
de que volva suceder.
Pecha esa porta xa, dicíame o señor que se sentaba
tras desa mesa grande e me deixaba falar anegada en bágoas
para despois falar el durante unha hora cada mércores.
E pecheina, só que todavía albergo a chave.

4 comentarios:

Alexandra dijo...

Tírala al fondo del mar.

Vanesa Iglesias dijo...

NOn sei...a veces sentir que posúes autocontrol-por fin- tamén é enriquecedor...ou?


Take Care Pricensa!!

Alexandra dijo...

por suposto, pero solamente se o tes de verdade e non solamente que creas que o tes.

PD: voisimo a verificación de palabras, sabes que palabra me di que poña? zooritta, jajajajaja.

un bico enorme, coidate ti tamén rula ;)

arichan dijo...

todos los titulos hacen referencia a canciones de nacho vegas ?