jueves, 3 de noviembre de 2011

*Thanks for All and Fuck Off*

Tokio xa non me quere, nin me quixo nunca. E foi ese o meu gran erro, o meu maior pecado: pensar que sí. Batendo a miña cabeza contra o vidro frío, cuspindo odio contra o metal dourado, tratando de afogarte nun vaso de alcol. Tiven agora que facer un esforzo por tratar de recordarte para poder tirar estas liñas. Culminar así un círculo que trocará, a partires de agora, o formato e a función desta páxina. Unha páxina que non será máis que o reflexo da ledicia que me toca vivir. Os días de paz que só ti fuches quen de roubarme. As bágoas malgastadas e os insultos proferidos. E agora, que estou na situación da que ti xa desfrutas dende fai anos, gustaríame comunicar, a ti e ó señor de gafas tras da mesa: esta porta fica ó fin pechada.

No hay comentarios: