domingo, 26 de abril de 2009

*Die Coloss*



O feito de crer nas cousas que un fai, 
por facelas ben e sen danos colaterais...
que a veces impactan sobre un mesmo por non danar.
A sensación de transparencia cando camiñas pola rúa.
A claridade da conciencia como auga xélida nun día de choiva.
Todas e cada unha das gotas cristalizadas que baten a miña ventá un día de saraiba,
non fan máis que rememorar as miñas bágoas solidificadas.
Bágoas sólidas que se tornan en sonrisos de complicidade entre seres extranos,
como ti mesmo,
complexos, precisos de axuda mutua, seres sensibles
que logran apreciar todo aquelo que os demáis obvian, ignoran ou descoñecen
e non desexan descubrir,
nin compartir.
Por todo e por iso,
e por todos nós,
sei que verei caer ó noso paso todos aqueles colosos de cartón-pedra
que tentan facerse sitio nas nosas vidas enchidas, ricas de fantasía e beleza,
só efímero, só letras, só pintura, só reflexión...sí, só riqueza fráxil, inmaterial,intanxible...
Colosos ocos, baleiros internos, que en xogos autómatas repetirán
...Die Coloss!!"""", mentras caen ó noso paso.

No hay comentarios: