
He aquí o máis que humilde pequeno homenaxe ó meu programa de televisión favorito....Se resulta tan sumamente difícil (como o é) encontrar algo que nos poida conmover, emocionar ou só despertar o noso interese na tan ínfima cualitativamente como gratuíta nosa "sagrada" programación, debe ser exaltado e recoñecido. En entradas anteriores utilizaba o este rico espacio multimedia a adicar palabras e pensamentos a seres ocos que nunca as mereceron, deixando sempre pasar a oportunidade de tributar este programa. Palabras como esas son as que enchen este espacio adicado precisamente á literatura cunha montaxe tan cinematográfica como literaria e gráfica (reparade nos debuxos que se crean a partir dos fotogramas acompasados co son dun lápis ó traballar sobre o papel) que resulta do todo entrañable. Todo isto aliñado cunha "banda sonora" tan preciosa e especial como coherente e descoñecida que fan deste programa unha perfecta sinfonía audiovisual. Resulta sumamente elegante. Na 2. xD
1 comentario:
Sabes? Ao longo da túa vida, igoal que na do resto das persoas, ocórresenos, en certos momentos, gritos de guerra que encherían de cores e sorrisos trasteiros escuros enteiros... destos que dis... "diola, que boa foi essa!!"
Pois queres ver que aghora nom se me passa nemghúm pela cabeza...?
Caghundiola macho...
http://www.youtube.com/watch?v=nCjtRJkS85w
Ighoal nom che ghusta, ighoal si.
Um belisco no cú e pista, que já está aquí o venressss!!!! :D:D:D
Publicar un comentario