sábado, 27 de febrero de 2010

*Fronteira*

Camiñaba despacio pero a súa cabeza non paraba de producir centos de milleiros de ideas que o atacaban sendo el incapaz de facer algo contra isto. O, noutro tempo, impecable traxe azul escuro tinguíase agora cunha pátina de pó que permitía deducir un longo camiño ás súas costas. Unha gorra, vella tamén, pero dun deseño hipermoderno sacado dalgunha cultura urbana, contrastaba co citado elegante pero sucio traxe. Nada parecía cadrar nel. A barba longa e descoidada aferrábase á súa face curtida polo sol. Ó fondo a fronteira. Unha liña no horizonte que aterraba con tan só ollala, pero convencido de que a meta estaba alí sentía que debía percorrer esa terra de ninguén, só. Pero, ¿qué meta? Despois dos anos pasados non se atrevería voltar mirala á cara: que podía protemeterlle agora que xa non lle prometese antes? Como sería a súa nova vida? Pero a imaxe feminina grabada na retina, o loiro do seu cabelo e o esbelto e delgado corpo arroupado polo xersei de angora fucsia impulsábao a seguir camiñando. As pernas cargadas con centos de kilómetros seguían a estela que ela noutro tempo deixara. El estaba cansado dos encontros baratos, das relacións de usar e tirar, da soidade que o voltaba acompañar cada mañá ó despertar. El descoñecía a vida dela...nunca quixera preguntarse pola mesma, pensaba que unha irrupción fortuita cambiaría o destino, apelaba á boa sorte que nunca o acompañara. Sete metros, catro, dous e medio...chegou o momento, o horizonte rematou. Coma todos, el debe cruzala fronteira, máis cedo ou máis tarde.

Epílogo: Pero... quen te crees? A onde tes pensado ir? O que ti desexas, o que che gustaría debes recoñer que poucas veces se corresponde coa realidade.
Non o logras ver? Non ves que se repite? Frea a túa camiñata que estás a facer en balde.
Pénsao, é doloroso pero é real. Sempre queremos algo que non temos e co que temos non nos conformamos e se pensas en frío e o recoñeces, por que o segues intentando?
Sacúdete o traxe, límpate a cara e aféitate. O flequillo, de lado, e tira esa asquerosa visera lonxe. Mírate. Recoñeceste? Afróntao.
Agora retoma o camiño que non te conduce cara a ela, forza a túa vida. Nas relacións nada funciona como lemos nos libros, non hai finales felices; é máis, ás veces as cousas non deberían nin ter comezado.

No hay comentarios: