lunes, 12 de abril de 2010

*El Origen del Mundo*

O que nos move, o desexo...
Palidecer...
Vulgar e bonito á vez.
Esquecer o teu rostro baixo dunha luz que apenas ocultaba o seu.
A conciencia, o adeus.
Unha nube intoxicada da que antes ambos fumabamos,
e agora xa non.
Tan rápido e sinxelo, unha pegada de por vida que a un marca
e a outros menos...
A soidade, o frío, o rexeitamento....
E de telón de fondo mensaxes de guerra cinematográfica
que fai que as verdades se agochen: os disparos veñen despois...
Que parte do teu peito che doía dende o lonxe?¿?
Din que cando unha parte do corpo se amputa,
pódese seguir sentindo.
Era así o que tiña que ser: tan cerca, tan lexos...
Irreal e próximo á vez.
Unhas palabras que enchen, que conmoven,
que me incitan a contestar e ó que lle debes sumar escuridad.
O que tocaba xa non che pertencía
e a miña cabeza volvía ser miña.
Un adeus parco, un sorriso velado,
todo de novo experimentado.

2 comentarios:

Alexandra dijo...

vane vane, sabes de que me estou acordando? da rapaza do teu pobo, e ti bailando coma ela, que risas, e o Deivid? que jodeu a cadera intentandoo, jajajajaja.

Deus aburrome moitisimo e vos pasandoo ben, cajo na jripe.

Vanesa Iglesias dijo...

Non é rapaza, é máis ben bicho...xD.

Cóidate rula!!! Bo finde!