miércoles, 7 de abril de 2010

*Marzo*

O teu desembarco na oriunda illa dun fero mar:
ti pensando que estabas solo e eu preguntándome
se non serías capaz de escoitar os latexos do meu enfermo corazón
que brincando no peito, estaba a piques de delatarme.
As bágoas esbarando polo rostro cuberto de
partículas de areas apegadas debido á súor.
As mans tremían igual ca follas de outono:
comezo a relatar...

Unha oda á encarnizada loita interna.
A abundancia de cine bélico últimamente consumido
faime ver que todo os problemas que nos aflixen non son reais.
E botar de menos ser unha persoa que olle o mundo
cos pés sobre da terra, porque eu son incapaz.
Soterrada no meu leito escoito voces de discusións de amor-odio
eternamente repetidas, e plaños.
E non boto de menos a parte escura,
pero boto de menos alguén que quente a miña cama.

Avanzar soa durante tanto tempo,
fai non ser capaz de rememorar cómo son o que chaman "relacións":
o que teñen de malo, o que teñen de bo...

Lembrarte como unha pantasma ó meu carón,
só me debo a facer cousas por min mesma.
E as voces dende lonxe séguenme persiguindo,
facéndome recordar conversas que nunca tiveron sido
e agora noto como me taladran ata sangar,
e deixo de escoitar.
Por ser esta a última copa elevada,
ámbolos dous debemos brindar.

2 comentarios:

Alexandra dijo...

Sempre se sacan cousas boas de experiencias como ás pasadas por ti, aprendes a valorar moitas cousas e a rexeitar outras das q te das de conta que non merecen sofrir por elas.

Eres unha persoa xenial, e o sabes, ti e todos os que te queremos.

O TEMPO FAINOS MAIS FORTES.

un bico moi grande

Alex

Vanesa Iglesias dijo...

Xa tio, o tempo, é sempre o mellor aliado e xa pasou mooooiitoo...jajaja. Son feliz. Bico enrome princesa!!!!