jueves, 27 de mayo de 2010

*Cabalos Desbocados*

Non existe ningunha brida o suficientemente longa nin forte,
coa que poder atar os meus sentimentos.
Porque todavía non se creou e porque, fronte a eles,
o home non é quen de loitar: non se da.

Coma ás que se despregan, voan cara a ti,
buscándote de forma case desesperada.
E voltan a casa, cansas e baleiras,
pregadas sobre sí mesmas unha e outra vez.

E síntome tan triste por saber de antemán,
que algún día, de novo,
se volverán despregar baténdose sen que a razón poida mediar...

Desexo entón, cada noite, e con tódalas miñas forzas,
que o castigo de Tántalo que me supuxo o terte atopado,
remate xa por fin. Ficando de cansancio. Falecendo de agotamento.

4 comentarios:

Souso dijo...

Vane B. Sweet, anda...! =P

E trabálha-lhe duro que seica che venhem tódolos exames eí ouh que?

Beijo ghrande como laaaa luna, Ai! Ai! Como laaa-luuu-naaaah..!! =)

Vanesa Iglesias dijo...

Por que me chamas como a petarda esa? Eu son unha literata en potencia....xD!!


Coelliños!!!***

Alexandra dijo...

¿Sabes que solo un contén a forza suficiente para facer realidade o que desexa?

non dubido que ti teñas esa forza, aínda que che custe, ánimo rula.

PD: a miña entrada do día dez está dedicada a ti, pra que vezas q as túas palabras cálanme, jajajaja
un bico moi grande

Vanesa Iglesias dijo...

Serve in the Waaf. With the men who fly.



F.......off, babe!****************$£¥