domingo, 9 de mayo de 2010

*Volatilidade*

Ser só un máis entre o millar:
un punto ínfimo como unha peza de puzzle que se move
vista dende un plano cenital buscando o seu sitio.
A fraxilidade real da vida da que, ás veces,
non somos conscientes.
Na miña cabeza realidade mestúrase con fantasía
e imaxinación,
e son neses momentos nos que busco a gran conexión:
alzar a man e encontrarte, notar que falamos o mesmo idioma.
É nesa terra de ninguén o único lugar onde me podes encontrar:
onde desexo atoparte.
Uns metros nos que levitar entre o chan e o que haxa arriba,
suspendidos, e abrazarte.
A próxima vez cando te vexa,
penso pechar os ollos e falarche sen ollarte.
Sentir a desnudeza interna dos nosos corpos,
intentar escoitar sen ver como moves os beizos,
cuxa imaxen xamáis lograrei desterrar da miña memoria.
Se cada vez que repouse a miña cabeza no teu sólido peito,
sentas fluir os meus pensamentos e cheguen a ti:
non precisaremos xamáis de pararnos a repasalos erros,
de pararnos a ser conscientes da volatilidade da vida.
Da nosa necesidade mutua, que de tan autónoma,
fai que forxemos camiños separados.
Tamén ela nos observa dende un plano cenital,
dende unha vista de paxaro,
espidos repousar no noso leito e nós,
mentras durmimos, non reparamos na fraxilidade da vida,
no tempo que se escorrega entre a distancia que nos separa.

No hay comentarios: