martes, 15 de junio de 2010

*Turno de guardia en Pearl Harbor*

Quizais levo un letreiro no cu
que pon que pasar unha noite comigo
é algo doado de conseguir.
Quizais un escrito na miña fronte rece:
"Esta cabeza non pensa".
Ou quizais teño cara de propensa a ser pisada.

Só hai dúas formas de entender o que acontece ó noso arredor:
o que sucede realmente e cómo nós queremos entendelo.
A segunda opción, xeralmente, sole estar errada.
Por iso, especialistas recomendan botar unha ollada
alonxados do noso centro gravitativo,
un esforzo por facer unha lectura obxectiva,
igual que o fas polas mañás ó ler a prensa deste país.

Aferrarnos a pensar que o que cremos é o real, o único correcto,
invalídanos como seres con capacidade de empatía.
E o ser humano, por desgracia, é un ser social,
polo que posturas así, créndonnos autosuficientes, grandes, gurús...
acaban afastando á xente.
E se te miro e só vexo oquidade,
todo o pouco que en ti poida brillar,
fica por apagarse.
E cando botar unha ollada atrás, valentemente,
supoña avergonzarse, recoñeceremos que as rutas trazadas,
as nosas actuacións, non foron as correctas.

Sempre recibo as noticias nocivas estando
de turno de guardia en Pearl Harbor,
por iso nunca dou gañado a guerra.

No hay comentarios: