sábado, 19 de junio de 2010

*What Will We Be*

Non é que desexe ser pesimista, non utilizarei este espacio nunca para facer apoloxía diso, senón todo ó contrario. Pero señores, creo que desisto, non existen as parellas ideais que se respeten, que se queiran, que non precisen de ninguén máis...E se a túa vida persoal está marcada por defectos, por fracasos e grandes decepcións, o espírito crítico acentúase máis se cabe. Vivimos nunha sociedade cambiante onde a muller está a gañar moito protagonismo (todo o que ó longo dos séculos se lle vetou), moitos pensan que demasiado. No fondo, a idea decimonónica de que nós nos debemos limitar a ser meros obxectos que atraian ó ser que debe reproducirse e que o noso único fin real é ser útero, semella que non desexa extinguirse. Moitos homes non dan aceptado verse igualados, e xa non digamos superados; e irónicamente, esa clase de persoa é a que é a máis doada de superar... Isto crea certo desconcerto no varón, que non sabe onde situarse, que non sabe se querer ou odiar, se admirar ou obviar. Algo que fai máis complexas as relacións contemporáneas.

Por iso non importa que sexan a parella máis en voga: indie-folkie e actriz, paseos por Nova York, a roupa máis guapa...Ou a pija máis hortera co "chuloplaya" de turno; ou a deportista co futbolista que acaba de ascender a terceira; ou o hippie coa máis guapa de rastas; a mística do surfero loiro... Non importan as clases, nin os tipos... : o desamor é algo compartido por todos. E segundo vai pasando o tempo, doume conta de que se evapora a miña ilusión por poder compartir cousas con alguén nun hipotético futuro. E só vexo cómo parellas se desintegran ó meu arredor e caras longas. Ou loitas absurdas por manter relacións tamén absurdas: como advertíndome do que pode pasar, como un mal trailer que destripa unha peli.
Por iso, dende aquí e como modesto consello, permítome o luxo de recordar que o único que nos queda somos nós mesmos. Non quero dicir con isto (nada máis lonxe da miña intención) que se abogue polo egoísmo, senón darnos unha oportunidade. Pode facerse unha vida de xeito solitario, por un mesmo...porque non ter a ninguén non implica unha limitación no ocio, no sexo, nin en nada... Aproveitar ese período cronolóxico (máis longo ou máis breve) para poder coñecernos mellor, adicarnos todo o tempo do mundo, desfrutar máis dos amigos, dos encontros breves, das risas, ... Cinemas, festivais estivais, viaxes e praias... espérannos.

3 comentarios:

Alexandra dijo...

Este verán mais vale que chupedes praia en vigo ¬¬, jajaja
un bico rula

alvarodrv dijo...

Oye, si playeais en vigo, avisarme que yo estoy cerca!
Vanesa, estoy contigo en cuanto a disfrutar de uno mismo. Ya basta de esa desesperada búsqueda del amor ideal. Nuestro gran amor, aunque suene narcisista, debemos ser nosotros mismos. Si no te quieres a ti mismo, ¿quién te va a querer?

Vanesa Iglesias dijo...

Sabias verbas, sabias verbas...