lunes, 7 de marzo de 2011

*Adulto*

"Que é un adulto?" pregúntase Álvaro na súa última entrada do seu sobresaínte blog. Un adulto... Recollo a testemuña pero invirto a cuestión: qué non é un adulto? E deixando á marxe o tema "idade", comezo a entrometerme en cuestións máis filosóficas ou conceptuais. Eu considérome adulta porque penso que me comporto como tal, pero só en parte. As borracheras, as drogas, a inestabilidade económica e sentimental, a volatilidade das marcas establecidas... Pero sí, son responsable: compórtome de xeito coherente coa familia agora que voltei a casa, non falto ó máster, intento colaborar, incluso busco traballos (temporais)!... Son un adulto? Eu penso que esta pregunta ten unha contestación moi complexa nas xeracións xoves actuais, porque básicamente penso que ninguén o sabe realmente ata chegar ós trinta: idade na que sí me considerarei adulta aínda que non conte con parella estable, traballo ou/nin casa. Pero penso que o grande triunfo tras de cuestionarnos esto é non cuestionala, senón experimentala. Saber conxugar estes dous comportamentos opostos na mesma persoa e facelo con naturalidade. Facelo sen facer, nin facernos dano. Facelo loitando polo que realmente se desexa. Facelo intentado mellorar sempre. Facelo de forma racional e consciente, sen medo a deixar medos atrás. Porque nada de nós dura sempre e sempre hai cousas en nós que mellorar, corrixir ou superar.

Sex, nudity and bad language. Ou quizais ser adulto sexa esto...

1 comentario:

alvarodrv dijo...

Gracias por lo de sobresaínte! ;)
Creo que has encontrado la clave cuando dices que lo mejor es experimentar el significado de ser adulto, además de cuestionarlo, incluso antes, me atrevería a decir.
Por otra parte, ya hay sex, nudity and bad language en la adolescencia, así que no creo que sea lo que mejor defina a los adultos.

Un abrazo Vanesa!