lunes, 14 de marzo de 2011

*No Hay Que Amar Como Los Niños*

No hay que amar como los niños, e estou citando a Ray de novo. Non hai que amar como os nenos porque xa non somos nenos. Porque me canso de dar o primeiro paso crendo que xa medramos pero non. E non importa o tempo que pase dende o último dado, non logras medrar. Pero eu sí. Non hai que amar como os nenos que tiran a pedra e logo agochan a man porque eso, cando xa non eres neno, é de cobardes. Non hai que amar como eles, senón de verdade: eu, ó menos, quero facelo así polo que me entristece de novo outra decepción, aínda que apenas me afecte xa. A min gustaríame poder querer de verdade e isto faime dar conta de que todas as entradas anteriores aquí penduradas, se estivesen en papel, non dudaría en incendialas. Porque nada do que escribo sobre ti é real, nin o será porque non hai nada. Porque non sei qué pretenden as mensaxe deixadas nas madrugadas. Porque me consumen as contradiccións, as incoherencias, a falta de escrúpulos, de consideración, de respeto pola miña loita. Non hai que amar como os nenos nin ó tuntún da lúa e das mareas que arrastran a aqueles que loitamos por manternos cordos. Non hai que amar como os nenos, porque xa non eres un neno.

2 comentarios:

Alexandra dijo...

Iso estaría xenial que él o creese, o mais ben soubese que é ser maior.
Estou deacordo que non se debe amar coma os nenos, pero e se sigues sendo un neno a pesar de que teñas vintepico, que fas?? polo que eu penso que primero tes que saber que é ser maior, para logo poder amar coma un maior, se non é todo un caso perdido.
Sen dubida, quedarse na idea de neno, é o camiño mais fácil, pois non é que os maiores non xuzgamos os rapaces xq non son conscientes dos seus actos??
bico grande parrula ;)

Vanesa Iglesias dijo...

Grande reflexión, meu amor! Sí, por iso esa comparación entre "amar" e "amar como os nenos" da moito xogo. Pero seguro, vós amades como adultos.

Bico enorme, princesa!