martes, 8 de marzo de 2011

*Red Nails*

Mírome as mans. Volvo miralas. As miñas uñas minúsculas cuxo tamaño se acentúa pola xa desgastada laca vermella que me fai rememorar a última noite de festa. Na que celebraba o meu vintecatro cumpleanos. Sempre me gustou cumplir anos: este ano, non. Volvo mirar as uñas, as mans. Creo recordar que volvín coller as túas mans entre elas, que as túas mans seguían sendo grandes. Creo recordar que tamén te toquei, quizais tratando de excitarte, sí, probablemente tratando de excitarte. E, cómo podo tratar de excitarte con estas uñas minúsculas? Supoño que buscaba o meu Doherty aquela noite. Que quería celebrar o meu vintecatro cumpleanos e que acudín a ti, seguíndote por medio local sin estar segura de se eras ou non. ata que unha agradable sensación me impregnou co teu olor e xa non dubidei en tirar do teu brazo. Vintecatro anos, o meu aniversario e ti. E o teu olor que seguiría recoñecendo pasados séculos. Volvo mirarme as uñas e penso en dentro de outros vintecatro anos e en ti. E non podo deixar de preguntarme qué facía tirando do teu brazo na noite na que celebraba o meu aniversario. Nin na sensación tan familiar que sentín ó falar contigo, despois de tanto tempo. Nin na proximidade. Familiar, cómodo. Como se levase celebrando contigo tódolos meus aniversarios. Volvo mirar as mans e constato que é hora de borrala laca desgastada. E mentras o decido, penso en por qué os teus actos máis bonitos sempre os levas a cabo sen estar sobrio.

2 comentarios:

alvarodrv dijo...

Mi 24 cumpleaños también fue el año que dejé de disfrutar cumpliendo años. Tal vez haya algo especial en esa edad, tal vez sea que se aproxima a los 25, el cuarto de siglo, que no es poca cosa.
En cualquier caso, feliz cumpleaños, porque están muy bien cumplidos, y porque te lo mereces.
Un beso!

Nomeko dijo...

Bonito, aunque igual me he perdido algo en la traducción, leo en gallego pienso en castellano, como buen manchego.
Yo odio cumplir años pares, no sé muy bien por qué. Sin embargo los impares me molan.
Hace poco cumplí 28.