domingo, 20 de marzo de 2011

*Let Me Love Me*

A continuación, voume permitir facer un alegato a favor de... min. As metas, as loitas, os odios, as superacións. Os espellos nos que me reflicto. A xente que vai e vén e todo o resto de cidades que me quedan por coñecer. Noto como se me están despregando as ás. Noto como me piden voar e achégase o momentos de arrancar: seis meses, cinco meses, catro meses... Pisar un asfalto de verdade. Como lírica de Moloko, o momento é agora. "Pero, cantos anos tes? Canto mundo descoñeces todavía?". Non quero determe, xa non. A cara máis mala das persoas xa a coñecín, nada en min pode facer máis ferida xa. Unha decepción, dúas decepcións, unha recapitulación. Pero tamén a máis boa... A conciencia, limpa. O paso, firme. As costas, ergueitas. A cabeza, repleta. Proba a pararme. Porque tódalas rochas do camiño serán esquivadas; e a forza interna, o meu impulso. E non preciso de ninguén máis. Tres meses, dous... Os escritos, o leído, a aprendizaxe, a música seleccionada. O meu corpo. As miñas pernas fortes. A tinta da pel. O orgullo reposto. Fai tres anos que coñecín o fondo, que o toquei coas miñas mans feridas, que me tentou absorver, pero todo para volver renacer máis forte. Como ave fénix, das cinzas, para non voltar visitalo nunca. Ti aquí só les o que eu quero que leas, pero aquí nada é de verdade, esto nace das entrañas revoltas, da dor que non é a miña vida real. Dame tempo, deixa que se despreguen totalmente. Sempre me encantaron os aeroportos.

1 comentario:

Vanesa Iglesias dijo...

É curioso analizar cómo fracasados tentan utilizar a aqueles válidos e autónomos como medio para sentirse superiores, algo que é evidentemente, transitorio, ficticio e bastante patético. Outro que se cae da lista... Nacemos solos, falecemos solos.