martes, 23 de diciembre de 2008

*La noche del cazador*


 Ben, hoxe, enfadada co mundo (sobre todo con esta mierda de pueblo) vou facer deste blog un portal de reivindicacións polo que escribirei o que me saia (independentemente de levarme a alguén por diante). Quizais non o debería facer,así mo recomendaría o meu libro de yoga psíquico pero a verdade, é que me importa unha merda todo xa. Nunca fun partidaria de perfiles en internet e estas movidas para que o resto de xente vexa "como molo" porque me parece do máis patético que pode existir. Só o fixen unha vez e tiña un fin; fin que cando alcancei nunca máis volvín mirar tal perfil. Neste blog o que tento é que me axudedes a reflexionar, sobre as cousas que colgo. Certo é que nos temos que molestar en pensar e redactar, pero penso que é un exercicio moi positivo. Certo é tamén que se colgase fotos en plan guarra, en picado para que se visen as tetas desbordando o escote, citado blog tería máis visitas (ata incluso colaboracións). Só hai un problema: a clase de tipa (e tipo) que fai eso é a clase de persoa que detesto, da que sempre me alonxei e a que nunca emularei. Por iso prefiro menos visitas e cero comentarios pero facer algo sensato, algo de interese...Pensa: o mundo está cheo de banalidades. Semella que nós non podemos loitar contra elas, sí que podemos. Pensa: e se vexo unha película que me conmova, ¿non podo chorar?, ¿e unha canción que me traiga tal recordo?, ¿e ver como en American Beauty, a bolsa de plástico bailando co vento? Realmente a maioría das cousas que nos rodean son preciosas; o problema é que aí fora hai un montón de idiotas que as desvirtúan facendo que semellen vulgares, feas, desagradables, carentes de calquera connotación positiva...Se ves patinar a un neno e fai cousas guapas coa tabla, pero baixa dela e é un gilipollas, quédate cos trucos. Se ves unha actuación fermosa, ata conmovedora pero o actor é un gilipollas, quédate coa performance. Todo funciona así. ¿De que serve tatuarte, reflexionar sobre o que te marcará de por vida, se finalmente non logras alcanzar o que a túa pel demanda? Ë duro. Realmente, para disfrutar do que nos rodea, debemos de abstraernos moito precisamente do que nos rodea, logrando así quedarnos co que vale a pena.  O peor de todo isto é que, e estaredes de acordo, que a teoría case todos a sabemos (sobre todo tras horas de psicoloxía) pero a complicación está á hora de aplicala. É como querer; algo tan bonito a priori que te pode conducir a un inferno,e que ademais ten a capacidade de arrastrate máis e máis ata verte "agua" (que diría Ferreiro), ata verte fondo. Amor que chega a ser autodestructivo porque semella gustarnos refuxiarnos na dor, cando moitos non compreneden que en realidade non nos gusta, simplemente é que non conseguimos saír de tal dor. Todo isto da pé a plantexarnos dúbidas existenciales que nos levan ás reunións metafísicas, que nos levan a fumar verdes herbas, que nos levan a rirnos xuntos, que nos levan a grandes ratos de abstracción mental carentes de verbas, que nos levan a despertar de novo.
Dinche "Debes cerrar esa porta xa!", e ti sentada, facéndote cada vez máis pequena, reprimindo a ganas de chorar por non ter un pañuelo a man, autocuestiónaste : "¿Pero como cerrala se por moitos saltos que dea, non son capaz nin a alcanzar a cerradura?".

4 comentarios:

Anónimo dijo...

AAAAAAAAAaiiiiiiiiiiii! Vanesiña se houbese mais xente coma ti no mundo, iria moito mellor, o menos para min, xq toas as tuas paranoias, eses mesmos obsxetivos q persegues nunha persoa, son os mesmos que ando buscando eu e ainda non atopei, e, imbacil de min, sempre teño unha pequena esperanza de que algún día atoparei con algún, o digo xq o único q me encontro polo camiño son ostias e mais ostias de xente que pensei q se merecia o meu respeto e o meu cariño e deronme polo cú, pero por algo será, non sei se polas miñas creencias ou q sei eu, sempre teño esa esperanza, de: tranquila Alex, os bos estarán por chegar.
Non te preocupes sempre é bo desafogar e máis neste blog, que é para o q foi creado, a min, xa che dixen, polo menos axudame a saber q non son a única estrana q mira algo raro no resto da xente e q para a maioria ese raro é o normal...
Sí, hai moita hipocresia no mundo, na xente, pero se nos pensamos así, xq non vai haber alguén mais q tamén o faga??, está claro q custa atopalo, pero dende aquí te paso a miña esperanza, q é único q me axuda a seguir erguida e esperar q algún día todo nos sairá mellor e atopemos a alguén de quen sexamos merecedeiras...
Non sei se a miña forma de pensar sexa a correcta, se alimentarme das miñas esperanzas sexa bo, pero e q non sei andar doutra forma.
Con isto douche todo o meu apoio co q necesites.
un biko grandisimo

Anónimo dijo...

por certo o anonimo son eu Alex

Anónimo dijo...

querida vane;

conoces las palabras de T.Jefferson, (uno de los hombres a quien más admiro), acerca de la liberdad de expresión?

"Todo lo que la tirania tiene que hacer para ganar, es que la gente de buena conciencia se mantenga en silencio."

Asi que, sigue hablando, sigue pensando, sigue exprimiendo tu 'yo' interior tan elocuentemente como lo haces siempre (!) y sobretodo sigue siendo quien eres!!!!!!!!!!
Hay mucha porqueria que limpiar en este mundo, pero al hacerlo tenemos que tener cuidado para no ser eso todo lo que vemos!!! hay demasiadas cosas buenas para que las olvidemos!!! Un pequeño listado:

1.conectar la radio justo cuando comienza una canción que nos encanta!!
2.un primer beso.
3.reir hasta que las mejillas nos duelan;
4.recibir correo
5.una ducha caliente;
6.letras de canciones en las capas de los cd's para que no nos sintamos estupìdos escribiendolas;
7.reir bajito;
8.encontrar un viejo amigo que no vemos hace años y verificar que hay cosas (buenas y malas) que no cambian nunca.
9.Escuchar accidentalmente alguíen diciendo buenas cosas de ti
10.llamadas a la media noche que duran horas

... ... ...

y hay muchas más!!!!!!!

ánimo para todas (y todos)!!!!!!!!!!!!

sofy

Vanesa Iglesias dijo...

Jo, Sofy, rula, que encantadora eres...En realidade faltabas ti para a dara nota de color ó blog. Gracias!!! Bico grande e pasalo moooooi ben!