viernes, 26 de diciembre de 2008

*Me, Myself & I..."


Semella ser que Gombrich non desexa que o lea. Todo Compostela foi testemuña da miña busca impulsiva do seu libro ó longo de varios días. Nestes longos paseos pola desestructurada zona nova da antiga cidade, ían vendo como as cousas van cambiando: tendas que mudan de lugar, señoritas que atenden en librerías diferentes...Resulta incríble pararse a ver como xira o mundo sen apenas decatarnos e en tan pouco tempo. Botando olladas atrás cando nin siquera te paras a pensar no que estás vivindo... ¿como preguntarte o que vai pasar dentro de dez meses?. Pero non o pensas precisamente por iso, porque estás vivindo. O problema xorde cando vives impulsado, empuxado, obrigado; sen pararte para non caer pero sen nada que te mova realmente por dentro. Cando carecemos dese motor interno que nos impulse, deixamos pasar cousas sobre as cales nin nos percatamos. Transformámolas en pegadas na area da praia, sendo estes quizais, momentos realmente interesantes como para non involucrarse. Porteime ben este puto ano, seino, así que sólo quero o meu motor interno.

No hay comentarios: