domingo, 28 de diciembre de 2008

*Se desnuda y entiende quién fue*



Moitas horas de reflexión, de xirar e voltar sempre sobre o mesmo, sola e con xente. ¿Tan complexas son as relacións humanas? Os complexos son os humanos. As fotos enviadas á papeleira. Os erros, os arrepentimentos. O voar sola. A metade da cama. O frío e o calor. A soidade  que reina contigo convértendose na gran confidente. A evasión. O pensar e recordar. O xustificar, o non lograr xustificar. A paz interior que non logras conseguir senón estás en paz con quen precisas estar. A  vos e por vos. Os encontros inesperados e desexados. Mirar o meu reflexo: quererme e sobre todo entenderme. A miña seguridade. A dúbida que se evapora nese xogo platónico. O tempo que precisamos. Voltarme sentimental fíxome máis humana, ler e escoitar, e ver e chorar e bicar, e conmoverme.  O non ver que son a única, a complicidade. A fortaleza...e todo para chegar ó famoso "punto de flotación". Se todo é tan sinxelo... se o difícil é facelo complexo, como o facemos. As inseguridades e os medos, as idades. Debo admitilo, quédome cos sentimentos, co afecto e coa calor, coa conversa na cama e fóra dela, co compartir doces de chocolate. Que se joda a física e as súas reaccións; o "yo", o "superyo" e o xigantesco "ego": son de letras.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Por min sola vaio demasiado,noito máis eu sola...podo olvidalo, podo pasalo mal, pero a tinta na pel recórdamo cada vez que me miro. As bágoas secan pero a tinta permanece.

EUAVEFÉNIX.