viernes, 16 de enero de 2009

*Y fue dónde encontré las llaves que perdí"


Parece que as cousas se queren deixar de torcer. Parece que o punto de flotación está quedando máis cerca. Que canto máis me alonxo de tí, máis me acerco e á vez, me fago máis forte. Sento dourado por dentro. Sento formar un grande equipo que sexa capaz de timonear un barco por isa mesma liña de flotación...Elixín os preciosos "Escravos" do gran Miguel Anxo porque igual que están as súas almas, así estaba a miña. Escravos porque son escravos do seu propio corpo que implica sometemento. Escravos que se senten mal, incómodos porque a alma quere fuxir do seu corpo rasgando así, tódalas ataduras e fronteiras que non son máis que a propia carne. Alma que quere fuxir, igual que eles tentan fuxir da absorvente masa marmórea. No seus casos a alma busca a contemplación divina, a verdadeira sabiduría, o amor máis puro, buscan a deus. A miña alma non busca a deus pero xa non está oprimida, xa non ten fronteiras que a coarten, xa non sente dor. Sinto que é xa e por fin, capaz de voar, ela sola, con seguridade e non son eu quen de cortalle as ás; nin son quen nin quero facelo porque loitei moito para poder vela voar así. E segue sendo fermosa...

No hay comentarios: