viernes, 2 de enero de 2009


Teño que asumir que eu che quedaba demasiado grande, que non contabas con iso cando me coñeciches. Teño que asumir que quen fallou fuches ti, asumir que non eras como eu te pensara. Que o altar que che ía construíndo cada día, cada vez máis alto, nunca che corresponderá. Moitas veces un insulto a tempo é máis sano que o rexeitar unha chamada. Sempre pensei que saber querer era innato, cando me deteño a ver a xente decátome de que non: é como estudiar para o cinco...

¿De que se trataba? De sentirte superior:
- "Impoñerse querida, quizais sexa a mellor solución. Sí, eso será o que farei. Polo tanto a partir de agora... -cun golpe seco introduce a man no seu peito e arranca o seu corazón. Mírao e comeza a xogar con el- ...esto será meu. Arrastraraste e non me importará; chorarás ata que os teus ollos doian e a pel se volte fráxil e nin siquera repararei na túa faz; consumirás todo o que é tóxico e non preguntarei como estás ". 
-"¿ E o dano?, ¿e todo o que fun e no que me transformei?.
 -"Non é meu o problema, mírame por favor, agora xa me sinto superior". 

 Teño que admitir que quen tiña que pedir disculpas non era eu, así que dende aquí e humildemente, quedan retiradas. Teño que admitir que dunha forma ou outra, sempre acabo gañando.

3 comentarios:

Beatriz Haz dijo...

Hola vane! Que tal as vacación? Espero que moi ben. Eu xenial! Dedicándome a min, durmir, non facer nada...apetecíame descansar...E xa o fixen, agora teño ganas de empezar as clases e de vervos a tod@s!
Encántame o teu blog e en especial estas liñas tan fermosas e tan reales. Que son tuas oy do teu colega Ray? Un bico enorme, Bea

Vanesa Iglesias dijo...

Miña rula! Jo que alegría me deu que escribises ti! As liñas son a pachas entre Ray mais eu,escribimos no blog mentres tomamos café....jajaja. jo que non molaría nin nada... Pero certamente que son reales, e tanto...Eu tamén teño ganas de voltar xa, para vervos sobre todo. Bico grande e disfrutar do que queda!

Vanesa Iglesias dijo...

Para tí se o les, xa sabes a quen me dirixo: se borrase esto voltaríase en contra miña, en contra miña todo o que loitei eu sola...coñezote e espero que o entendas.