miércoles, 19 de agosto de 2009

*Hate*



O título da entrada delata por cal me decanto.
Porque o odio non é malo a menos que cree guerras,
o odio é tan só unha forma máis de defensa, de autoprotección.
Está claro que na vida só aprendes a base de hostias e é así,
e as que máis doen non son as físicas, e por ser ingrávidas son máis difíciles de curar.
Por iso hai que odiar: para non voltar crer mentiras; para non depositar máis confianza nin dar máis oportunidades; para non permitir falar; para non seguir pensando que hai algo bo, que non está baleiro; odiar para non seguir permitindo que se rían de tí...
Odiar para olvidar.
O mellor, e de recorrer á cultura popular, é que o que non me mata me fai máis forte,
e como sempre, unha vez máis como Ave Fénix volto resurxir dunhas cinzas que xa apenas arden...

O único temor é  a unha hipotética metamorfose que me converta en monstro capaz de odiar de verdade, valentemente. 
Convertirme nun monstro que só pense en min, 
marchitando cada atisbo de vida ou ilusión que o rodee,
 facendo dano e todo por volver resurxir tantas veces xa.

4 comentarios:

Alexandra dijo...

Moito me dan a min polo cu, e ainda así parece que non escarmento xq volvo a cometer os mesmos cá última vez, cando eu mesma me dixen: nin unha mais.
Tes razón o odio e un método de autodefensa, pero cando é simplimente fachada, non vale de nada, podes finxir que odias a alguén pero si sólo o reflexas o exterior é: merda, de nada serve demostrar nada a ninguén se ti non o sintes así.
Sólo podo dicirte que o tempo todo o cura unhas veces antes e outras mais tarde (mais tarde cando o sentimento foi moi grande, coma penso que foi o teu, e coma supoño do quen estas a falar).
Pero rula eu creo que ainda tes que levar unhas cantas ostias mais para que comeces a odiar de verdade e se acabe todo este conto, que tanto mal te fai.
Sólo que sepas que para o que necesites aquí me tes, e se queres falar con alguén, consultorios Alex ta dispoñible as 24 horas do día, e cando digo 24 son 24 :D
PD: o comentario e case mais grande ca tu entrada. :S

Vanesa Iglesias dijo...

jjaja. Gracias rula!!! Non sei, a verdade é qeu tes razón pero por aquí están conseguindo a pulso que odie de verdade..xD. Bueno, eran horas xa, non foi sen tempo.
Un bico grande raíña, xa queda menos....

LONDON CALLING´!!!!!!!!!

Alexandra dijo...

E cona faille caso a túa irma, que será pequeniña pero a rapaza cando ten razón hai que darlla.
Disfruta é que lle den polo cu o mundo, que é malo coma unha centella.

Xian dijo...

non estou dacordo!

un saúdo