miércoles, 12 de agosto de 2009

*Mine*


Bueno, esta é unha entrada aburrida, aínda que sei que os que a ledes sempre, leredela igual...pero así leva previo aviso. E é que supoño que cando a miña cabeza non está en ebullición alta, non é preciso escribir, ou quizais se deba a que a miña vida é demasiado aburrida.
A miña irmá, oxalá estivese aí contigo, aguantando a prepotencia británica; ós meus colegas ¡deixade de enconarvos que este ano non temos playa ningunha!; a Berni, como se che bota de menos nos pseudo festivales (por certo o de Arzúa xenial, DJ Amable é dios), aínda que con esto non quero darche envidia nin moito menos que xa sei que os alemáns son dunha calidade notablemente elevada ¿The Killers, non?); a Alex, gracias polos apuntes a ver se me animo a comezar a estudiar para marcharnos a Londres dunha vez; ós nenos de clase Sofi, David, Toco, Bea, que se vos bota moitísimo de menos...E bueno, pouco máis. Nada, tan só por escribir algo, que semello anclada no medio da nada.

Penso que o verán para os estudiantes ten unha finalidade, algo máis profundo que ser unha temporada de borracheras, festas, estudiar no último minuto para setembro...no, penso que a súa gran finalidade é a de ser un período de reflexión. Pode que se trate máis ben de min, das miñas paranoias e que sexa quizais a única que o adique a eso, pero non creo. Porque os veráns están plagados de cambios por pequenos que sexan e este a min sirveume para coñecerme mellor, ser consciente de todo eso que te fai medrar durante o ano e que agora me podo parar a ver. Do cal extraio cousas non sempre boas, claro, por exemplo a miña incompatibilidade co resto do mundo, a necesidade de autonomía absoluta, as enormes ganas de voar, e aínda que me doia recoñecelo, o meu gran egoísmo, algo do que me avergonzo moito e que pensei que gracias ás circunstancias polas que pasara, tiña máis que enterrado e fóra da miña persoa.
Penso que quizais tales circunstancias o que fixeron foi acrecentalo, como medida de autoprotección. Pero bueno, deixareino xa aquí porque sería meternos en terreo pantanoso e ademáis  sería demasiado aburrido. Só era iso, que se vos bota en falta a todos (ó igual que a actividade). Vémonos en Compostela!

9 comentarios:

Alexandra dijo...

Vanesiñaaaaaaaaaaaaaaa.
Eu tamén te voto moito de menos.
Non sabes como comprendo todo o que sintes porque a min pásame exactamente o mesmo.
Un verán da pa darlle moito a cabeza, quizás mais que durante o curso, a cabeza está mais libre, e claro dalle por pensar, unha merda!!!
o bó,é que ti mesma te estas dando de conta por tódolos estados polos que pasaches e como estas agora. Moitos non chegan nin o primeiro.
Moitos ánimos dende as Redondelas.
vemonos pronto.

Vanesa Iglesias dijo...

ola rula!!! así que non son a única a que lle tolea a cabeza en verán?¿Bueno, é o de sempre no¿?¿xa levo moito toleandovos...xD toleándonos mutuamente nun exercicio de liberación mental. Bico grande!!!

Souso dijo...

Que minha filha!! Já era hora de actualizar ou que?? 13 días!! 13 días IN-TEI-ROS!! Minha mai, a quem se lhe conte...!

Nom vas á praia?? Pro entóm que fazs da túa vida?? Já falei um anaco coa túa irmá... e já falarei contigho... caghinacona... pro em fim, ei-che de chamar outro día pra alomenos escoitar-che rír de novo que moita ghracia me fai xDD

En tanto i-em quanto a DJ amable, bem-vida, entom, ao clube das "putinhas amables" (dito com sarcasmo... até embora eramos todos tíos... em fim, que isso)

Bom, em fim rula, que me ghustaría escrever-che máis pro recláman-me pra party machen.

Beijo ghrande, acutalisa máis a menudo e sorrí, cona!! que é ghratis!! (ves como nom é tam compricado? :P)

Vanesa Iglesias dijo...

Ó pequeno áreo: ti se que te gastas entradas bonitas, xa lin a ultima o que pasa e que que non che deixei nada escrito. Xa sabe mais xente do teu blog eh?¿? Ostalgie. Bico enorme!!

Souso dijo...

Ostras!! Quassem se me esquece.

http://www.youtube.com/watch?v=Mf3tRK1e0RM

Fado/indie/folk... ou algho assim.

Beijo ghrande rula!! :P

Souso dijo...

Umha coissa me resta por dizer denantes que tirar-me no meu leito e despedir-me pra sempre do día d'hoje:

Vane, quéro-che. Quéro-che do bom querer.

Sorrí, belida, sorrí; que adoro o xeito que tes de quebra-lo silenzo quamdo tal fazs.

Umha aperta ENORME dende Alemanha

P.D.: Sim, estou embriaghado, e é por isso que se me aghudisam os sentimentos. Pro, de tódolos xeitos, coitei que era algho bom que che tinha que escrever, e pois, voilà!

Beijos!! :P

Vanesa Iglesias dijo...

Berni non me adiques cousas así por favor...ti si que escribes bonito, a tua ruptura do silencio máis fermosa (e boa). Mil gracias, quéreseche (que voltes). Bico grande.

annie dijo...

a ver miña rapaza..qe miles de veces intentei escribir aqui e nunca me deixa...nada de paranoias e comeduras de oia, pero bueno, qe é iso? despois dun ano tan duro como tiveches (refirome os estudios)chega o vran e poste a raiar ainda mais?aproveitame o verán qe é demasiado corto e logo pasamonos o inverno botandoo de menos, calqer cousa é importante nesta epoca do ano e mais se fai calorciño como está sendo estos dias, non é?pois ea, sae fóra e a coller colorciño, (ou polo menos faino por min!), xa sei qe a miña ausencia é un gran vacío....jjej, non te imaxinas o qe eu vos boto de menos a todos vos cada día, asique ti qe estás aí, intenta aproveitar cada momento con todos(family included), qe logo, cando estás tan lexos velo todo mais simple, as raiaduras vanse e só queda o qe de verdade importa.faime caso.besiños rula.

Vanesa Iglesias dijo...

Jo miña rula, miña irma, que sorpresa. Mira é que case non dou lido o texto coas bágoas. O das raiaduras xa é o de sempre, creo qeu non me acostumo vivir sen elas, e cando estou tranquila sempre aparece algo (ou algún) que non desexa un estado así en min. Jo Lu volta, anda....a ti si que se che bota de menos, sobre todo nas festas e porque non mo paro a pensar..., prefiro que chegue finais de agosto, nada máis. Bico enorme princesa!!!